A vila

Preséntome: son Dacio, rapsodo dipsómano para servilos. A cambio dunha botelliña de augardente de risado, achegareinos devagar a cada recanto do meu Denantes natal: vila mariñeira situada alén de xalundes, acolá de ningures.

Banco, Casa, Casa dos Egruever, Cemiterio, Fiestra, Fraga, Igrexa, Muíño, Paporroibo, Praia, Praza de abastos, Rúa, Veiga,

Banco

Asexa
Pétreo apousento das cachas,
óptimo espazo para enganar o tempo,
testemuña de meteorolóxicas charlas,
lizquente no entretempo e axeado no inverno.

Casa

Asexa

Casa dos Egruever

Asexa

Cemiterio

Asexa
Lápidas e nichos,
flores, choros e responsos.
Fogar de ánimas ermo;
derradeira vía ao inferno.

Fiestra

Asexa

Fraga

Asexa

Igrexa

Asexa

Muíño

Asexa
As bobinas a xirar,
marca o río o compás,
réptiles manteñen a raia os insectos,
os denanteses soñan espertos.

Paporroibo

Asexa

Praia

Asexa

Praza de abastos

Asexa

Rúa

Asexa

Veiga

Asexa
Patacas, millo, cebolas,
regos ben dereitiños.
Legóns, sachos, forcadas,
corcovos de brandear os fouciños.