Descargas

Aquí tes para descargares os capítulos en formato EPUB, MOBI e PDF, ademais dunha pequena guía para a consulta de personaxes e outros termos. Se o teu lector electrónico o permite, a guía intégrase como un dicionario posibilitando a consulta sen necesidade de abandonar a lectura. As correccións e melloras son habituais, asegúrate de teres descargado a última versión dispoñíbel.

Capítulo 1 | Capítulo 2 | Guía | Instalación da guía no Kindle


Número de capítulo: 1

Título: Un monifate ceibe de fíos

Sinopse: Un actor, abandonado polo seu grupo teatral, vai dar cunha enigmática vila.

Data de publicación: Agosto de 2011

«Nesa gran rocha hai unha inscrición: “Está a piques de se internar en Denantes. Trabucouse na encrucillada”».

«Coidado, achégase alguén! Disimule, cónteme algo sobre galiñas ou algún deses temas dos que falan por aquí.».

«Atravésaa sen dificultade na pálpebra, cósema á cara xusto embaixo da cella. Podo escoitar con completo detalle cada puntada: como perfora a pel mentres adhire pequenas partículas de ferruxe no ínfimo burato, como corre o fío mentres acada unha tenue cor sanguinolenta».


Número de capítulo: 2

Título: Unha maleta ao alén

Sinopse: Tras falecer unha persoa en ridículas circunstancias, en Denantes ándanlle a preparar unha peculiar despedida.

Data de publicación: Xaneiro de 2012

«O que repousa agora na miña palma é a cabeza, cortada violentamente polo pescozo. Zumega un espeso e negro sangue que me escorrega polos dedos. Os ollos, que sobresaen da caveira, e a mandíbula, desencaixada, deformada, amosan un ceno de infinita agonía.».

«Para a familia será un retrato fiel abondo; para min, unha coitelada na ánima, unha traizón. Que feliz podería ter sido eu pintando a violencia da morte. Os ósos crebados. A carne esgazada. O ceno do nada. Esa sería a auténtica oda á existencia, non esta farsa emética.».

«—Xusto, a ti como che ghustaría que fose o teu funeral?
—Axiña».


Guía válida para os primeiros dous episodios

Esta é unha pequena guía da que poderás botar man se o precisas durante a lectura dos capítulos.

A guía en PDF ten o mesmo contido que a sección Os veciños desta páxina.

Nos outros dous formatos, EPUB e MOBI, súmase ademais do anterior, a definición de algúns termos (propios de Denantes ou palabras de uso pouco común) para traballar de Guía e dicionario ao tempo nos e-Readers que o permitan sen necesidade de abandonar a lectura. Xeralmente os lectores que poden amosar o dicionario integrado no libro que esteas a ler utilizan o formato Mobipocket (MOBI). Ao descargares este arquivo deberías poder instalalo como calquera outro dicionario se o teu dispositivo o permite. Se tes un Kindle, podes ler a seguir como se instala.


Instalación da guía no Kindle

Tedes dúas maneiras de facelo. Non esquezades que debedes descargar a guía outra vez cando saia un capítulo novo e tedes que eliminar a anterior antes de instalalo —a guía traballa tanto para o actual como para os capítulos anteriores—.

Dende o Kindle

É a forma máis cómoda. Precisades estar conectados a Internet. Abrides o explorador web —páxina de inicio, menú, experimental—. Non tedes máis que escribir Denantes.com na barra de direccións, picades en Menu, Descargas, logo en Guía e elixides MOBI como formato. Preguntaravos se de verdade a queredes baixar, aceptades e xa queda asociada aos capítulos publicados.

Dende o PC

Os capítulos podédelos xestionar co Calibre se así o queredes, mais non a guía, porque se a mandades mediante o programa recoñecerávola como libro, non como dicionario, perdendo así a funcionalidade de utilizala integrada na lectura dos capítulos. Para que vola recoñeza como tal, baixades o ficheiro MOBI desta mesma páxina, conectades o Kindle ao computador por USB e copiades o ficheiro descargado dentro do cartafol Documents do trebello —sen incluílo en ningún cartafol secundario—.

Vese tal que así:

guia