Igrexa
Fuco

Todos os deste narrador

«O meu mellor amigho no mundo. Ambolosdous temos trese anos. Cre que vai tocar unha teta antes ca min. Coitadiño!» Estevo

Don Brais

Todos os deste personaxe

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Fuco

Todos os deste personaxe

«O meu mellor amigho no mundo. Ambolosdous temos trese anos. Cre que vai tocar unha teta antes ca min. Coitadiño!» Estevo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Ave María inmaculada.

—Sen pecado fecundada. Cóntame, Fuco, xa obedeces a túa nai?

—Si, sempre; aghás cando a inoro.

—Hai que facerlle caso ás nais, son o máis importante desta vida. Por que outras cousas lle queres pedir perdón a Deus?

—Xa sabe que estou procurando cheghar a home con algho de vista. —Se cadra non lle poña a maior das vontades e case nunca teña éxito, mais tentalo, estouno a tentar.— O caso é que hai algho que non podo controlar: os soños.

—Así me gusta, hai que combater a tentación. Que tipo de soños? —Sempre me preguntei se o cura se pon cacheiro ao escoitar estes relatos dos fregueses.

—Verá, sen ir máis lonxe, onte á noite deiteime sen me tocar nin pensar en cousas pecaminosas antes de durmir. —Vale, porque xa o fixera á tardiña—. Pero despois, no soño, xoghando con miña prima, todo moi inosente, eu perseghíaa a ela e logho ela a min. Nunha destas, tropesamos indo ós rolos fragha abaixo, esfreghándonos o un co outro. Algho fortuíto, mais co escofa que te escofa, eu… amañesín co calsón perdido! —Para que andar ás voltas.

—O dos soños non é tan grave como os pensamentos impuros. Sobre estes temos menos control…

—Temos? Así que vostede tamén…

—Era un plural asociativo. —Mi madriña, plural asociativo! Na vida oíra iso pero xa estou medio empalmado só de pensar na porcallada que debe de ser. Supoño que algo así como unha orxía, pero mellor—. E eu son aquí o representante de Deus, non veño compartir vivencias. Dicía que aínda que sobre os soños tem… tes un menor control, segues a ser responsábel deles. Se soñas esas cousas é porque non fuches capaz de arredar os malos pensamentos. Rezar cinco Ave Marías antes de durmir axudarache a ter a luxuria á raia. —Non sei eu se é moi boa idea pensar nunha muller, por Virxe que esta sexa, antes de me durmir, pero se el o di…