Fraga
Plinio

Todos os deste narrador

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Observar Denantes de madrugada dende o alto da gran pena é un dos exercicios de comuñón coa natureza que a un lle gusta practicar de cando en vez. O novilunio dá unha noite escura. So os fachos astrais en procesión, unha fraga que, por máis que o sol se deitase, dista de permanecer durminte. Todo é diferente. Os contornos apenas se definen durante unha ducia de cuartas. As tebras pousan baixas. Denantes deixa de estar aí; o mundo volve ser das bestas. A amalgama de sons é de difícil descrición; por veces arrepían, por veces chaman a unha calma que invita ao abandono. Só se adiviña civilización nun distante e tenue, case imperceptíbel, tintinar. A luz procede das candeas, comitiva luminosa da derradeira xornada corpórea de Candeloria onda os vivos. Pregúntome se alí, nese minúsculo punto da inmensa noite, Ela tamén permanece en vixilia fronte á xanela, a esculcar o seu interior na fonda negrura exterior.