Últimos preparativos

Muíño
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Ádega

Todos os deste personaxe

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. Ninghún outro membro tivo máis sorte ca ela de caer nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Landelino

Todos os deste personaxe

«A dos Umbón, unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, está tamén en vías de extinsión; neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.» Galilea

Leuco

Todos os deste personaxe

«Coma min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. Músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Osián

Todos os deste personaxe

«Meu fillo. Ten quinse anos pero a forsa dunha mula. Colleu con ghanas a idea de me suseder. Encántalle o sinema. É unha ghrande axuda na preparasión das sesiois.» Landelino

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Como pode haber aquí un cinema se non teñen luz no pobo. É vostede o proxeccionista? —inquirín.

—Non é casualidade que o sinema estea adherido a un muíño. Non se trata dun sistema ótimo, mais si bastante efetivo. O muíño de augha é o que fai traballar o prosetor.

—Enxeñoso! Funciona ben?

—O maior problema era reprodusir a velosidade de proxesión con fidelidade, pra que os filmes fosen ó ritmo axeitado. Nin todos os días o río trae a mesma forsa nin todos os filmes teñen o mesmo número de fotoghramas por seghundo. Hai que axustalo en consecuensia. Pra iso, Heitor deseñounos un sistema de piñois co que podemos estableser en cada momento a velosidade axeitada. É un prosedemento a base de proba e erro: ata que os movementos dos atores non son naturais, non deixamos de axustar. Só temos iso en conta, incluso no caso de que nas bobinas veña marcada a velosidade de prosesión. Meu fillo, Osián, acadou unha asombrosa habilidade no seu manexo. É capás de axustalo rapidísimo. Falando del… —Un mozo entra pola porta.

—Xa vou tendo ganiñas de ver isto en marcha.

—Claro, decontado. Fillo, descárghame o filme da mula. —Saíu sen mediar palabra escaleiras abaixo—. Aquí ten os testos. Van numerados conforme os rótulos, ten que levar un pouco de tino pra non perderse.

—Procurareino. É a miña primeira vez. Mágoa que non saiba ale… Aaaah! —Ao me xirar, atopei un réptil nun estante.

—He, he! Non repararas neles, non si? Ó estarmos á beira do río, xa se sabe, andamos cheos de mosquitos. Espallar uns cantos laghartos pola sala atalla case por completo o problema. —O corazón aínda me vai a mil.

—Boas, cabaleiros. —Entrou un home refinado.

—Pero ves sen nada?! —reprochoulle Landelino.

—Si, o resto non podían vir, pero xa lles comentei como ía o conto. Ó final desidín que a ambientasión hox’ sexa a base de corda. Non habemos ter problema en axustar en directo unha pequena base que xa ensaiamos. —Landelino estaba estupefacto—. Veña, eu déixoos xa, que de pouca axuda sería por aquí. —Vaia, quen ía pensar que estes paspáns o tiñan tan ben montado.

—Aí tes. —O fillo entregoulle unha lata circular ao pai, mentres termaba dunhas cantas máis. O home axustou o rolo no proxector e conectouno a un mecanismo que saía do chan.

—Parés’ que co de onte debería traballar ben, ti que dis?

—Probaremos. Vou conectalo abaixo.

—Ádegha, por fin cheghas. Xa me tiñas preocupado. Máis che vale que veñas co cartel.

—Non, este rolo que traio na man é… Dá ighual! Mira.

A moza amosa unha pintura lúgubre. Unha figura feminina deitada no chan, exánime, coa roupa aberta. Deixa un seo ao descuberto polo que escorrega un regueiro de brillante sangue vermello. Brota dende unha fenda que ten no peito. Contrasta co resto do debuxo, pintado en branco e negro. Non acabo de ver a relación coa obra de Shakespeare. En letras angulosas, estaba escrito Hamlet na parte superior. Xusto debaixo, e máis pequeno, poñía: «con Asta Nielsen».

—Un peito ó ar e sanghe, mira que che ghusta… Anda, cólghao da porta. Non imos ter esta discusión outra ves.

—Este tipo de manifestacións son comúns na arte —apuntei en descargo da rapaza.

—Xa, xa, ben cho sei. —Asentiu—. Pero un chisco de variedade…

—Vai, papá! —emerxeu unha voz dende o piso de abaixo.

—Dálle! —Umbón fixo uns derradeiros axustes no aparato, apagou a maioría das lámpadas e a fita comezou a bulir. Empecei a seguir entón o escrito.

—UNHA MULLER?! —Fun incapaz de reprimir o grito ao ler que a adaptación cinematográfica partía da premisa de que Hamlet en realidade era unha muller. Hipótese dun profesor norteamericano, un tal Dinning. Tiña que ocultar o seu sexo para poder ser sucesora —sucesor— do rei moribundo. Típica «modernidade» deste invento do diaño. Nin os clásicos respectan…

Vida ilusoria

Casa
Ádega

Todos os desta narradora

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. Ninghún outro membro tivo máis sorte ca ela de caer nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Ádega

Todos os deste personaxe

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. Ninghún outro membro tivo máis sorte ca ela de caer nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Candeloria
Xiana

Todos os deste personaxe

«É unha muller moderna de máis, empeñada en se queixar por calquera diferensia de trato cos fillos varois. Ten mala hostia, pero cando quere é moi simpática. Media xuventude de Denantes anda atrás dela, mais non se lle coñese moso, e iso que xa supera os vinte. É tirando a alta, moi delghada e co pelo liso e claro. Estanlle a ensinar pra carpideira, pero dubido que ninghén queira que lle vaia chorar ó seu enterro. Axuda a mamá e á tía a preparar os cadáveres, fai ramos… un pouco de todo, coma o resto.» Xocas

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Toda túa, irmá. Non te podes faser unha idea de como estaba ó chegharmos! —Xiana foi a última en saír. Estou a soas co cadáver e o meu lenzo.

Isto non deixa de me parecer un insulto á miña arte. Facerme partícipe desta festa de negación e encubrimento… Énchesenos a boca a dicir que a morte é parte da vida, que hai que aceptala con naturalidade, que é un paso máis na existencia, que reforza o amor por vivir… E logo, mira: primeiro mamá, tía América e Xiana teñen que borrar calquera traza do que acaba de ocorrer, deixar un cadáver mutilado coa aparencia dunha apracíbel durminte; despois veño eu, que se vin antes a esta muller foi de pasada na rúa, a seica ter que plasmar no lenzo a súa vitalidade. A súa vitalidade!

A miña arte busca amosar a fermosura oculta polos prexuízos, persegue a estética incluso nos lugares máis recónditos. Neste caso chamaríame retratar o encanto sinistro da simulación da vida, como na fotografía de defuntos (iso si que é arte). Eses meniños exánimes formando parte dunha estampa familiar, esa recreación no que puido ser e xamais será… Pero dende a mirada da morte!, non da vida. Por iso é algo dunha beldade funesta. O que vou facer agora carece por completo de transcendencia. Para a familia será un retrato fiel abondo; para min, unha coitelada na ánima, unha traizón. Que feliz podería ser pintando a violencia da morte de Candeloria. Os ósos crebados. A carne esgazada. O ceno do nada. Esa sería a auténtica oda á existencia, non esta farsa emética.

Gargalladas fúnebres

Casa dos Egruever
Xocas

Todos os deste narrador

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Ádega

Todos os deste personaxe

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. Ninghún outro membro tivo máis sorte ca ela de caer nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. A súa enfermidade do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo pensar que o adoptaron— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Xiana

Todos os deste personaxe

«É unha muller moderna de máis, empeñada en se queixar por calquera diferensia de trato cos fillos varois. Ten mala hostia, pero cando quere é moi simpática. Media xuventude de Denantes anda atrás dela, mais non se lle coñese moso, e iso que xa supera os vinte. É tirando a alta, moi delghada e co pelo liso e claro. Estanlle a ensinar pra carpideira, pero dubido que ninghén queira que lle vaia chorar ó seu enterro. Axuda a mamá e á tía a preparar os cadáveres, fai ramos… un pouco de todo, coma o resto.» Xocas

Xocas

Todos os deste personaxe

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Cos vellos xa deitados e co Lois onda a muller, estamos a falar os primos na sala sobre a xornada de hoxe.

—Pois ó final, nin sircos nin soos, nin conas nin carallos. Demos co condenado camelo nunha representasión teatral: As non sei cantas noites…

—Será unha adpatasión d’As mil e unha noites, unha recompilasión de relatos do oriente. —A Breixo encántalle dar o dato, amosar que é un pailaroco lido.

—Iso, si; noite arriba, noite abaixo. Mañá rematan na sidade e aínda tardarán un par de días máis en partir prá seghinte. Así que a base de moito insistir, conseghímolo pra pasado á mañansiña. Coa condisión de que veña co coidador, un mouriño pequerrechiño coma el só.

—A ver, que, vai unha partidiña ó epitafia? —propuxo Xiana.

—Vamos, elixe —dixo o Iago.

—Primo, vas ti. Como non podía ser doutra maneira, tócache o da defunta. —Xiana estableceu que sexa Breixo o que empece.

—A ver, a ver… «Ri, ri, pero cando espiche Xocas, a miña morte non che ha de parecer tan ridícula en comparación.» —Mediocre, aínda que o resto lle rin a chanza por puro compromiso—. Quenda de Iagho e tócalle epitafiar a Maro.

—Este é doado —quéixase Ádega.

—Vexamos: «Vale, eu estarei morto, pero polo menos non son un parvo do carallo coma ti.» —Si, como se o vise—. Aghora Xocas, a… ó Elixio, veña. —O momento que a concorrencia estaba a esperar con ansia.

—«Non volo creades, en realidade raptáronme Eles. Isto é unha pantomima.» —Escóitanse as risas habituais. Calquera día mexan por eles—. Tócache —dixen sinalando a miña irmá Xiana—, coa Pía mesmo. —Deulle un trago á súa cunca de leite mentres o pensaba.

—A ver que vos parés’, sen máis: «Conta, conta.» —Amósolle a miña aprobación—. Pois a Ádegha, que sei eu, á Aldara!

—Vai: «Así que eran imaxinacións miñas…» —Andamos todos polo chan. A Xiana saíulle o leite disparado polo nariz.

—Pero que escándalo é este?! —Baixou meu pai as escaleiras todo alporizado, cos ollos inchados e un lado da cara medio deformado pola presión contra a almofada—. Pasai prá cama aghora mesmo, que mañá hai moito que faser!