Comentarios cinéfilos

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Lois

Todos os deste personaxe

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do mesmo pau que papá e o avó. É o maior e máis estirado dos meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, e as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira moi formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Eu sempre sospeitei que ti eras unha muller —espetoulle Lois a Breixo.

—Unha muller? Non ves a barba ou que?

—A miña avoa, que en pas descanse, tiña unha barba moito máis viril ca esa pelux’ de rata que che sae a ti.

—Eu déixovos que estou esgotado. Vou para a cama —interrompín con sinceridade a disputa pueril.

—Vén botar a última, home, que imos comenta-lo filme. Ademais, ti fixéchelo do carallo —Plinio botoume un afago.

—Non, de verdade que estou a caer co sono —dixen mentres me despedía. Amosei o envés da man e pechei un par de veces todos os dedos, agás o polgar, sobre a palma.

Sorprendérame a velada. No canto da proxección atolada que esperaba —coma as anteriores ás que asistira—, con xente a falar, nenos chorando e correndo pola sala, papando comida de toda clase… os asistentes só abriron a boca nos cambios de rolo. Tiveron un comportamento litúrxico. Van ao cinema como quen vai a misa. Abraiante! Xa me gustaría a min que todas as miñas funcións teatrais foxen tan respectuosas.

Á procura dunha xiba

Casa dos Egruever
Breixo

Todos os deste narrador

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Lois

Todos os deste personaxe

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do mesmo pau que papá e o avó. É o maior e máis estirado dos meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, e as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira moi formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Paulo

Todos os deste personaxe

«Papá. Téñolle ese apresio que vai ghravado no sanghe, mais é un repunante. Aghás o de meterme na brighada necrolóxica, o resto das súas acsiois teñen como obxectivo amolarme. Dende que está á fronte da familia é inda peor.» Xocas

Xocas

Todos os deste personaxe

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; o que non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Rapases, temos que conseghir un camelo pró enterro de Candeloria. Alghunha idea? —preguntou o tío Paulo mentres daba voltas derredor da mesa na que estabamos sentados o resto.

—O burro de Amelia ten máis chepa cá Calista, pode pasar sen problemas por un camelo. —Seu pai soltoulle unha instintiva losqueada a Xocas—. Aaaah! Pareserache ben pegharlle a un eivado?

—Eivado!? Que demo che pasou nese braso?

—Mmmm… coido que xa me doeu abondo o último lapote como pra che contar isto.

—Só temos dúas escollas posíbeis: ou ben un soolóxico, ou ben un sirco —apuntei.

—Nun soo non nos emprestan un dos animais nin de broma. Nun sirco será cuestión de cartos— reduciu Lois as opcións de busca.

—Teremos que ir ver se hai alghún sirco pola sona. Xocas, xa que non nos serves pr’outra cousa, ti virás comigho á sidade, ighual que o Iagho. Alí poderemos informarnos de onde hai alghún. Lois e Breixo, ide pola do tío Lucas e axudaille faser un carriño para que o camelo poida tirar do cadaleito.

—E da brighada necrolóxica? —Intereseime.

—Esqueseivos por aghora, isto xa é lea abondo. Só espero que a ninghén se lle ocorra morrer antes de que deamos enterrado á defunta de Sibrao.

—Non apostaría eu por iso, xa se sabe que a xente desta vila é dun desconsiderado… —O piollo, co ás para matar o tres.

Gargalladas fúnebres

Casa dos Egruever
Xocas

Todos os deste narrador

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; o que non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Ádega

Todos os deste personaxe

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. É a máis afortunada por ter caído nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Xiana

Todos os deste personaxe

«É unha muller moderna de máis, empeñada en se queixar por calquera diferensia de trato cos fillos varois. Ten mala hostia, pero cando quere é moi simpática. Media xuventude de Denantes anda atrás dela, mais non se lle coñese moso, e iso que xa supera os vinte. É tirando a alta, moi delghada e co pelo liso e claro. Estanlle a ensinar pra carpideira, pero dubido que ninghén queira que lle vaia chorar ó seu enterro. Axuda a mamá e á tía a preparar os cadáveres, fai ramos… un pouco de todo, coma o resto.» Xocas

Xocas

Todos os deste personaxe

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; o que non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Cos vellos xa deitados e co Lois onda a muller, estamos a falar os primos na sala sobre a xornada de hoxe.

—Pois ó final, nin sircos nin soos, nin conas nin carallos. Demos co condenado camelo nunha representasión teatral: As non sei cantas noites…

—Será unha adpatasión d’As mil e unha noites, unha recompilasión de relatos do oriente. —A Breixo encántalle dar o dato, amosar que é un pailaroco lido.

—Iso, si; noite arriba, noite abaixo. Mañá rematan na sidade e aínda tardarán un par de días máis en partir prá seghinte. Así que a base de moito insistir, conseghímolo pra pasado á mañansiña. Coa condisión de que veña co coidador, un mouriño pequerrechiño coma el só.

—A ver, que, vai unha partidiña ó epitafia? —propuxo Xiana.

—Vamos, elixe —dixo o Iago.

—Primo, vas ti. Como non podía ser doutra maneira, tócache o da defunta. —Xiana estableceu que sexa Breixo o que empece.

—A ver, a ver… «Ri, ri, pero cando espiche Xocas, a miña morte non che ha de parecer tan ridícula en comparación.» —Mediocre, aínda que o resto lle rin a chanza por puro compromiso—. Quenda de Iagho e tócalle epitafiar a Maro.

—Este é doado —quéixase Ádega.

—Vexamos: «Vale, eu estarei morto, pero polo menos non son un parvo do carallo coma ti.» —Si, como se o vise—. Aghora Xocas, a… ó Elixio, veña. —O momento que a concorrencia estaba a esperar con ansia.

—«Non volo creades, en realidade raptáronme Eles. Isto é unha pantomima.» —Escóitanse as risas habituais. Calquera día mexan por eles—. Tócache —dixen sinalando a miña irmá Xiana—, coa Pía mesmo —Deulle un trago á súa cunca de leite mentres o pensaba.

—A ver que vos parés’, sen máis: «Conta, conta.» —Amósolle a miña aprobación—. Pois a Ágheda, que sei eu, a Aldara!

—Vai: «Así que eran imaxinacións miñas…» —Andamos todos polo chan. A Xiana saíulle o leite disparado polo nariz.

—Pero que escándalo é este?! —Baixou meu pai as escaleiras todo alporizado, cos ollos inchados e un lado da cara medio deformado pola presión contra a almofada—. Pasai prá cama aghora mesmo, que mañá hai moito que faser!