Todo queda na casa

Igrexa
don Brais

Todos os deste narrador

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Don Brais

Todos os deste personaxe

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Cosme

Todos os deste personaxe

«O meu tío é bastante diferente de meu pai: é moi aberto, simpático e un lustro máis novo. Está solteiro e vive connosco.» Plinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Ave María purirma.

—Sen pecado concibida. Dime… fillo.

—Volvino faser.

—O que?

—Que vai ser? Ela búscame, ponse toda melosa, e inda que trato de me resistir, sonlle demasiado débil.

—Mmmm…

—E ademais como se fosemos animais, collina por…

—Os detalles non son precisos, Cosme.

—Este fornisio non só ofende a Deus. Cada ves que penso en meu irmán e no sobriño… Como podo ser tan cabrón!? Se cadra o mellor é que marche lonx’ de Denantes, que colla as miñas cousas unha noite pra non reghresar xamais.

—Pero, fillo, como se che pasa sequera polo maxín facer cousa tal? Tanto teu irmán coma seu fillo téñenche moito aprecio. Non soportarían perderte.

—Está a defender o adulterio?

—Adulterio é unha palabra moi fea. Vós sodes irmáns, e por tanto tedes o deber de compartilo todo. Se vos queredes e vos respectades, aínda que pase isto de cando en vez, que dalgunha maneira pode axudar a manter unido ese matrimonio, para Deus estará ben.

—De verdade o cre?

—Pois claro. Non tes ningunha outra cousa que confesar?

Rodolfo

Igrexa
don Brais

Todos os deste narrador

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Don Brais

Todos os deste personaxe

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Helga

Todos os deste personaxe

«Unha das miñas máis apreciadas freguesas. É unha moza nova que hai pouco que recibiu o sacramento do matrimonio. Sempre estivo preocupada por non perder a virtude e por seguir os ditados da lei de Deus.» Don Brais

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Ave purisma María.

—Concibida sen pecado. Dime, filla.

—Verá, isto… é complicado pra min. Amo a meu marido, claro, e estamos a tentar te-lo fillo, pero o outro día, estando a faser iso… De maneira cristiá, claro, nada de pusturas raras. Procuraba poñerlle tino na consepsión, inda que, durante unha fracsión de seghundo, veume á mente Valentino.

—O actor ese? —pedín aclaración.

—Rodolfo, si. E verá…

—Non teñas medo, filla, continúa. —Procurei relaxar o ambiente.

—Pois que cada ves que pechaba os ollos, volvía a súa imaxe, mais perdía pouco a pouco a roupa. Ata que terminou por substituír a meu esposo e… —Foi incapaz de conter por máis tempo o pranto—. Pasou algho que endexamais susedera!

—Que foi? —inquirín con solemnidade.

—Pois que, e ben sei que non é o obxectivo do acto reprodutivo, e nunca tal pretendera, pero é que… sentín unha… unha… creo que tiven un orghasmo deses —dixo a volume apenas perceptíbel mentres baixaba a cabeza.

—… —Non me deu tempo a dicir nada.

—Aínda se fose co meu marido, e non a pensar nese outro home, tería resistido esa resposta do meu orghanismo, inda que sei que o fin non é pasalo ben. Pero é que aghora sinto repulsa de min mesma, do meu corpo. Estou averghoñada por ter traisoado a meu maridiño, por ter ofendido a Deus.

—Vexo que estás arrepentida, e que procurarás…

—Claro, xamais volverá pasar, xúrollo —interrompeume.

—Ben, pois, habendo propósito de emenda e vendo que comprendes a gravidade dos teus pensamentos, eu absólvote no nome…

—É máis. —Fíxoo outra vez—. Non penso volver ver unha película na que aparesa un home que teña nin que sexa un chisco de atrativo.