O canto das gaivotas

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Abisinio

Todos os deste personaxe

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Binucho

Todos os deste personaxe

«Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.» Níscaro

don Primitivo

Todos os deste personaxe

«É o médico da vila. Alto, robusto e co pelo neghro. É o único que sabe realmente a ghravidade dos meus males, inda que ma oculte co fin de non me preocupar.» Aldara

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Níscaro

Todos os deste personaxe

«Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita. Lévao ó ar. Sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.» Belisario

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Pero que demo che aconteseu!? —preguntoume Olga nada máis entrar pola porta—. Don Primitivo, acúdalle aquí!

—A ver, déixame botarlle unha ollada, fillo. —Retiroume a gorgueira coa que estaba a tentar conter a hemorraxia—. Non é gran cousa, aínda que si aparatosa por todo este sangue. Toupeira, dáme unha botella de licor de herbas da casa. Olga, non tes por aí agulla e fío? —Vaia, home, o que faltaba.

—Aquí ten, Don Primitivo.

—Toma, rapaz, pégalle un bo grolo. —Pero que raio!, isto é fortísimo.

Esteriliza os utensilios coa propia caña, que tamén utiliza para desinfectar a ferida. Hai que ver como proe! Aperta ben cos dedos a físgoa da fronte e comeza a suturar. A rememoración do episodio noitébrego faise ineludíbel. Volvo sentir con sensibilidade extrema as puntadas. Son incapaz de conter o frémito que ergue cada cabelo do meu corpo.

—Tres abondan. Non che debería quedar apenas marca —dixo mentres me poñía unha venda na fronte, suxeitada ao redor da cabeza cun par de voltas e un nó preto.

—E logho, que foi desta ves? Calamidade! —preguntou Belisario.

—Algo raro… para variar. Saín da igrexa e, xa no patio, algo caeu dende o ceo e bateu con violencia contra a miña fronte. Desorientado e co sangue a escorregar con profusión pola cara, cheguei á porta do cemiterio. Alí había unha moza de aspecto cadavérico que, tralo sobresalto inicial, pechou os ollos para cotenar comigo a toda velocidade. —A man acode a cubrir o costado con só lembrar o incidente.

—Así que Aldariña tirou contigho? —dixo Iago cun amplo sorriso—. É pouquiña cousa, miúda, esbrancuxada, parés’ que se vai romper ó mínimo gholpe, pero cando está aterrada…

—Sei que foi o que lle deu na cabesa —interveu Binucho.

—Que vas saber ti? Xogha, anda, xogha —Níscaro instouno a que seguise coa partida.

—Foi un mexillón. —Si, claro, os míticos mexillóns voadores de Denantes—. As ghavotas cóllenos nas rochas e pra abrilos soben unhas dusias de metros, ñññññi!, e sóltanos pra que se esmaghen contra o lastrado do patio da ighrexa e así poderen comer neles. Tivéche-la mala sorte de pasares por alí nese intre.

—Ññññi? Pero que carallo é ññññi?! —replicou Senén.

—O son que fan as ghavotas.

—Ti non viches unha ghavota na puta vida. —Entrou Abisinio tamén na conversa.

—Claro, como se houbese poucas aquí! Ademais, vin miles delas xuntas cando andaba ó mar.

—Pois non se nota. As ghavotas fan aaaaaaauaaa! —replicou Abisinio.

—Pero que van faser así, fan ññññiaaa! De sempre —expuxo a súa onomatopea Senén.

—Xoghai dun carallo dunha ves. A quen cona lle importa como faghan as ghavotas. — Níscaro estaba empezando a se desesperar—. Binucho, a puta que te pariu! Tiñas ese tres e antes xoghaches copas?! E, ademais, é guañññ!