A alborada dos homes

Rúa
Leuco

Todos os deste narrador

«Coma min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. Músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Leuco

Todos os deste personaxe

«Coma min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. Músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

As estrelas asoman con timidez mentres as nubes esvaen devagar. O chan retén aínda a humidade e o recendo a chuvia potencia a fragrancia da natureza. A vila permanece silente, lutuosa. En ferrados só acompañan as miñas pegadas á melodía nocturna. Ao canto dos grilos úneselle agora un zoar distante. A medida que vou facendo camiño, o murmurio medra en intensidade e a dúbida muda en certeza.

Acelero o paso coa ilusión de chegar a tempo. Asómome con sixilo á fiestra da sala. O cadáver repousa engalanado nun cadaleito escuro derriba da mesa mentres en volta estase a producir unha das máis vedrañas mostras culturais. Contemplar o abellón é internarse na noite dos homes, en civilizacións xa extintas. Un rito funerario persistente ao transcorrer dos séculos, inmune a invasións, ao florecer e murchar de ducias de pobos. Un vestixio da xénese comunal. Dende unha perspectiva distante, o abellón pode adoptar certa comicidade infantil: vellos que apenas poden terse en pé entoan con escrupulosidade o seu zunzún mentres xiran derredor do membro finado. Como en toda liturxia, o seu sentido simbólico preséntase latente aos executantes. Igual ca nunha ovación espontánea, a remisión da representación é natural, vai cesando de maneira secuencial: algúns membros comezan a parar, mais durante un intre aínda se prolonga o zumbar cada vez menos coral. O derradeiro dos zunidos anuncia un silencio sepulcral.

Cousas das especies

Casa dos Egruever
Xocas

Todos os deste narrador

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Sinforiano

Todos os deste personaxe

«Meu bisavó Sinfo. Tratado con absoluto respecto e distansia polo resto da familia. En realidade é coma min, detrás desa pouse severa aghóchase un ghrileiro. Ten máis anos ca unha merda de dinosauro. O probe consérvase como pode, pero iso si, ten un pelaso…» Xocas

Xocas

Todos os deste personaxe

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Mañá é o día, Sinfo. Aghás polo do becho, será un funeral ben convensional. Ti viches alghunha ves un camelo? —Nega cun leve movemento de cabeza—. Pois ten o seu aquel, non vaias pensar. A ver se ó rematar o funeral podémolo traer pola casa pra que lle botes unha ollada, porque xa o imos levar directo prá de Sibrao cando cheghe co coidador. A maleta das costas é moi curiosa. Ten un pescoso longho como un San Xoán sen sardiñas e é ghrande de carallo. Ben, pra ghrande, enorme, iso mesmo. Porque mentres Papá e o Iagho os estaban a tentar convenser, eu andaba a ver como o mouriño, que é o que che dixen antes que ía vir con el, o estaba a sepillar. Nunha destas, sen vir a conto, a besta emosionouse, e mi madriña rapás o que d’alí saíu. Hordiá! —Sacudo a man apoiando o relato e el reacciona co seu clásico sorriso pillabán, case imperceptíbel. Debúxase apenas na comisura dos beizos. Pasaría desapercibido para calquera, mais non para min; ben o coñezo xa.

Rosario onírico

Casa
Cibrao
Cibrao
Oliva

Todos os deste personaxe

«Unha muller maior entreghada ós demais. Sempre se preocupa de que non me falte de nada. Se hai alghún denantés en apertos, sempre é a primeira en acudir.» Sibila

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Levo xa… Vexamos, un día son vinte e catro, máis dende as… Non, iso non pode ser porque levo unha… Son incapaz de pensar con claridade; demasiadas horas esperto… Calquera reflexión que traia ao maxín presenta un eco. Voces familiares en repetición constante. «Sibrao, túa muller», «túa muller», «prométame unha cousa», «prométame», «prométame». Un ruído de fondo que dificulta o cavilar.

As candeas iluminan a estancia cunha luz feble, íntima. Os prantos son afogados e as agullas do reloxo camiñan paseniño, a recreárense na dor. Os intentos de fixar a vista acadan axiña unha imaxe neboenta que só volve clarexar ao mudar os ollos de posición. As pernas peludas de Candeloria colgan por fóra do féretro, inertes. Longas e estilizadas, case agariman o chan no seu acaneo monótono produto dunha corrente de aire. Incluso semellan estalicarse por veces, na procura da madeira. Os seus braciños, enxoitos e afiados, tamén asoman alén da caixa. Incluso se aprecian outros catro máis apertados ao tronco. Os seus dous pares de ollos escuros brillan con xenerosidade, reflicten unha vitalidade pretérita. As súas fauces descansan abertas, aínda húmidas. O seu abdom… Un momento, casara eu cunha araña!?

É incríbel o escuro que está aí fóra… «Unha cousa»… Acordo a tempo para erguer a cabeza de novo. Esta vitoria momentánea ao sono fai que estea espelido, alerta. «Prométame», «prométame»… Volvín pombear. Teño que concentrarme en algo, non podo quedar a durmir no velorio de miña dona; que ía pensar a xente? Ben, Oliva está a rezar o rosario, iso manterame en pé.

—Xesús dixo: «enchede de augha eses resipientes»…

…..

—Candeloria, que andas a preparar? Hai que ver como arresende! —Está erguida onde a lareira.

—Xa ves, quentando a augha. —Ao darlle un par de voltas coa culler, o líquido incoloro torna de socato en verde—. O tempo cumpriuse, cheghou o Caldo de Ghrelos.

—Ten un aspeto estupendo! O meu bandullo conta os seghundos pra poder catalo.

—Os poderes da fame endexamais o poderán venser.

…..

—E ben? Que che parés’ este trax’ pra levar ó bautiso do neno?

—Non sei, se cadra é atrevido de máis. O marrón acáeche moi ben.

—O TRAX’ D’IR SACHAR NAS PATACAS!? —Mentres me estaba a rifar a súa faciana mudou de aspecto e a roupa volveuse dunha brancura fulgurante.

—«Da nube cheghou unha vos que disía: Este é o meu Fillo, o meu Elixido; escoitádeo.» San Lucas, capítulo 9, versículos do 29 ó 35. —Quedei a durmir. Alguén se decatou? Parece que non. Céntrate, Cibrao. Iso que ten Oliva no queixo é un pelo?

…..

—Sibrao!

—Si, dime. Perdoa, Candeloria, estaba despistado.

—Isto —dixo achegándome un anaco de pan— é o meu corpo. —Ao escoitar estas palabras, baixo a mirada á man coa que termaba o alimento tras captar un humedecemento súbito da rebanda. O que repousa agora na miña palma é a cabeza de Candeloria, cortada con violencia polo pescozo. Zumega un sangue negro e espeso que me escorrega polos dedos. Os ollos, que sobresaen da caveira, e a mandíbula, desencaixada, deformada, amosan un ceno de agonía infinita.

—AAAAAAAAAAAAAAH! —Toda a sala permanece en silencio fitándome con terror.

Reflexiva escuridade

Fraga
Plinio

Todos os deste narrador

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Observar Denantes de madrugada dende o alto da gran pena é un dos exercicios de comuñón coa natureza que a un lle gusta practicar de cando en vez. O novilunio dá unha noite escura. So os fachos astrais en procesión, unha fraga que, por máis que o sol se deitase, dista de permanecer durminte. Todo é diferente. Os contornos apenas se definen durante unha ducia de cuartas. As tebras pousan baixas. Denantes deixa de estar aí; o mundo volve ser das bestas. A amalgama de sons é de difícil descrición: por veces arrepían, por veces chaman a unha calma que invita ao abandono. Só se adiviña civilización nun distante, case imperceptíbel, tintinar. A luz procede das candeas, comitiva luminosa da derradeira xornada corpórea de Candeloria onda os vivos. Pregúntome se alí, nese minúsculo punto, Ela tamén permanece en vixilia fronte á xanela, a esculcar o seu interior na noitebra.

O funeral soñado

Veiga
Abilio

Todos os deste personaxe

«Alto, fraco e coa cabesa nas nubes. Inda que anda polos trinta, seghe sen saber o puta que é a vida. Sacha coma un cativo.» Xusto

Xusto

Todos os deste personaxe

«Levo media vida a sachar con el. Ten moito xenio. Xa non sente paixón por nada. Por maior que sexa, inda traballa moi ben a terra. Sei que no fondo me ten apresio e eu dende logho que llo teño a el.» Abilio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Xusto, a ti como che ghustaría que fose o teu funeral?

—Axiña.

Derradeira excursión

Fiestra
Sibila

Todos os desta narradora

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Non dou creto. Polo alto da rúa comeza a asomar o cortexo fúnebre, encabezado por un enorme camelo que camiña vagaroso. Malia a atmosfera lutuosa que rodea o acto, ás beiras do camiño os petís enredan ansiosos á altura da besta. Nunca antes se vira algo así na vila. O corpo de Candeloria ha de ir nese coche do que turra o animal, un carro escuro e pequeneiro, o xusto para portar o cadaleito. Está escoltado por seis homes rufos que se desprazan en paralelo, tres de cada banda. É difícil dicilo aínda, mais semella unha procesión multitudinaria. Moita roupa de domingo e unha cadencia solemne. De cando en vez algún salouco das carpideiras acada o suficiente volume para traspasar a miña xanela e conseguirme arreguizar. As Egruever son boas; boas de verdade.

Ao pé da rúa, uns cantos veciños esperan a que pase a compaña, talvez para a ollaren de preto, se cadra para unírense. As súas facianas amosan un amplo espectro de emocións: tristura, respecto, curiosidade, incluso unha pode percibir nalgún deses rostros unha sorte de perversa ledicia pola ruptura da monotonía.

O coche fúnebre comeza a aumentar a súa velocidade de avance. En consecuencia, sen se decatar de que o carro se desprendeu do animal, o séquito formado polos seis homes e a meirande parte do resto da procesión mudan o seu andar pesaroso por un cada vez máis lixeiro. Acadan unha estampa de hilaridade lóbrega. O propio camelo queda xa atrás. Os cabaleiros suxeitan os chapeus mentres corren tanto como dan de si os pulmóns. Non lle hai que facer. O vehículo viaxa ao alén cunha présa sobrehumana.

Algúns individuos proseguen moi atrasados coa persecución estéril. Os demais amosan o espanto e a resignación á súa maneira: algunhas mulleres choran, outras gritan desesperadas, hai quen se botou derrotado ao chan, quen permanece conxelado fitando o destino do ataúde bulideiro… Como se dun vehículo tripulado se tratase, o cadaleito describe unha perfecta viraxe no seu descenso perante a atónita concorrencia. Avanza alíxero o trazado do camiño. Alertados polos berros, os veciños que inda permanecían nas súas casas saen a ventás e balcóns. Eu mesma, despois de semanas sen sequera abrir a fiestra, asomo a cabeza a través dela ao superar xa o carro a miña posición. Son incapaz de conter a curiosidade polo destino de Candeloria.

Agora diríxese a un grupo numeroso que agardaba na rúa, mais a esta velocidade non poden facer outra cousa que apartárense da traxectoria. Só hai un final posíbel para a endiañada travesía, e non será agradábel. Vai dereitiño á casa de pedra que fai esquina. A colisión non ten remedio. O impacto contra o muro exterior é aínda máis terríbel do que esperaba. O cadaleito esnaquízase e o corpo de Candeloria sae disparado. Remata con violencia na copa do limoeiro que hai plantado no quinteiro, mais a cabeza toma un rumbo propio. Durante o voo, o tempo frea o seu avance ata case se deter. A cachola viaxa a rebolos coas miradas de todo Denantes chantadas nela. O pano do pelo non tarda en se soltar; descende livián. A testa penetra polo medio e medio dunha das fiestras da casa. Escacha o vidro en mil anacos.

Nos primeiros intres a estupefacción dos asistentes a tan macabra representación supera o pavor. Non son capaz de lembrar o propietario desa casiña, queda fóra do alcance da vista cando estou sentada trala xanela. Mais cando apenas empezo a facer memoria, ábrese a porta principal e sae a todo correr unha figura esbrancuxada cos músculos da faciana contraídos polo terror. Ao pasar embaixo da árbore, as pólas ceden, o cadáver cae enriba da rapariga. Rematan ambos corpos estrados, inertes, un derriba do outro. Transcorridos uns segundos, e sen que ninguén fose capaz de reaccionar, un deles recobra vida. Por fortuna, é o que conserva a cabeza. Aldara záfase da defunta dunha abraiante apuxada e apela aos pés. Foxe rúa arriba, descalza e en camisón, mentres se esgorxa.