Ventosa quietude

Paporroibo
Absinio

Todos os deste narrador

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Abisinio

Todos os deste personaxe

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Binucho

Todos os deste personaxe

«Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.» Níscaro

Níscaro

Todos os deste personaxe

«Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita. Lévao ó ar. Sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.» Belisario

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—O que? Pero como raio vai morrer alghén dunha maneira tan ridícula? —Estes quérenme tomar o pelo.

—Unha morte é unha morte. Cando é a hora dun, non lle hai que faser. —Binucho, típico del.

—Morreu, fodeu! Xoghai dun carallo dunha ves! —Níscaro, sempre tan paciente. Achega o furabolos ao ollo grolo para indicarlle a Binucho que atenda.

—Tomai e chorai. Todas nosas! —Boa xogada de Senén—. Vós como credes que habedes de morrer?

—Hai uns anos diríache que fodendo con alghunha mosiña, pero aghora xa nin se me levanta. —É triste pero certo—. Así que non me importa un carallo.

—Non perdas a esperansa, sempre te podes aforcar —suxeriu Binucho.

—Aforcar?! —preguntei con estrañeza.

—Espichas cunha erecsión que nin Cristo —aseguroume.

—Que dis, ho!? —Non lle creo nada.

—Certísimo. Hai anos non dabamos co defunto de meu tío Carelo. Dous días despois, uns veciños atopárono no riseiral. Estaba pendurado da póla dunha riseira. Cando cheghamos alí inda tiña o pirolón de punta. Non sei como aghuantou o pantalón!

—Iso non hai quen cho crea —dixo Senén.

—Que si, hostia! É máis, seghundo comentou Menandro, que xa vira uns cantos aforcados, todiños morren empalmados. Non me preghuntes por que, mais é así. Porén, a min ghustarí… —Níscaro xa non aturaba máis e interrompeu a Binucho.

—Ti, se non quers que sexa hox’ e polas miñas mans, xa te podes espelir e atender á partida dunha merda dunha ves.

—Non sexas así, ho, seghuro que ti tamén pensaches alghunha ves en como sería a túa morte —Senén, reticente a abandonar o tema.

—Dándolle polo cu ós vosos netos nesta mesma mesa cunha xoghada mestra mentres vós fasedes abono no semiterio —dixo mentres bulía a repartir as cartas para se recuperar o antes posíbel.

—Eu sempre tiven a ilusión de morrer co pai de tódolos peidos —dixo o meu compañeiro ao vermos as cartas. Binucho debe de levar unha man do demo, léselle a ledicia nos ollos.

—Cada un… —Amosei a miña faciana máis considerada.

—E díghoo en serio. Nunca vos molestou tanto un ghas que ó botalo, despois do estrondo e o cheiro a morto, sentistes un ghrande alivio; algho case místico? —Asentín—. Pois iso, pero ó infinito, é como penso eu que debe se-la quietude da morte. Un día espertas cun ghas que nin Deus, PRPTPRFFFFFF!, e literalmente na ghloria por partida dobre. Que liberasión!

—Pois xa que non dixen ren, únome. Parés’ moi liberador —dixo Binucho, tras botar o sete de copas. A este paso a Níscaro non lle van quedar pelos que arrincarse.

—A chupar sirolas! —Níscaro ponse en pé, dános as costas, encúrvase e levanta a perna dereita: bota unha sonora flatulencia e lanza as súas cartas ao ar. Sae pola porta d’O Paporroibo xurando mentres os naipes aterran no chan despois dun descenso errático.