Ummm, froita!

Fraga
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Maro

Todos os deste personaxe

«Linghua de trapo, un carácter do demo e ninghunha persoa á que lle render contas. Ghústame este fulano.» Xusto

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Á fin unha ánima. Por un carreiro que se incorpora á senda que estou a seguir, baixa un vello cunha canastra. Voume acercar a lle preguntar se este é o camiño correcto para ir dar ao pobo.

—Desculpe, señor.

—Que raio pasa? —Xirouse—. Hordiá! Un forasteiro!

—Si, poderíame dicir se vou ben por aquí para chegar á vila?

—Vas, oh, vas; vas ben de carallo! A que vila tes pensado ir?

—Segundo unha rocha de alí arriba, a Denantes.

—Pois si que es tan parvo como pareses… Si, seghe por aquí… seghe, seghe… —dixo ao tempo que coa man indicaba que fose todo recto.

—Moi agradecido. Impórtalle que lle faga outra pregunta? —dixen a tentar a sorte.

—Que cona vai mal no teu maxín pra pensar que non me importou a primeira!? —contestou alporizado.

—Eeeh… ben, de calquera maneira, fareina: que é iso que leva aí? —A curiosidade foi máis forte có medo que me producía aquel ancián. Descoñecía que eran aquelas bólas albas que levaba na canastra.

—Isto? Isto é risado, unha froita d’eiquí. Proba, rapás, cómese como se fose unha masá. —O antipático vello debuxou un bondadoso sorriso.

—De verdade que me dá un? O certo é que teño algo de fame.

—Pois claro, fillo, ten. Seghuro que non te viras noutra —replicou sen cambiar ese ceno amábel.

—Non, nin sabía da súa existencia.

—Pois veña, dálle unha boa dentada. Na vida probaches bocado tal. —Achegoume un froito.

Trabei e mastiguei con ímpeto naquel exótico manxar, crocante e fresquiño. Ten un sabor peculiar, un tanto forte. A miña lingua… O xantar está a se pór a mal co meu estómago…

—Buuuu… buuuu…. buuuuuaaahhh!

—Foder! Aínda que vas vestido coma un maricallo, hai que recoñeser que tes collois. Manda cona!, botarlle semellante trabada a un risado fresco… Había moitos anos que non vía cousa tal! He, he!

Estiven axeonllado ata que terminei de botar o leite materno. Vai ter razón a pena, tirei para o lado equivocado na encrucillada. Como todo o mundo aquí sexa tan hospitalario coma o vello do demo que a saber por onde andará xa… Pero, no meu estado, non penso poñerme a desandar costa arriba. Baixo ata a vila e que sexa o que Deus queira.

E ti de quen ves sendo?

Fraga
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Faxildo

Todos os deste personaxe

«Calvo e con barba. Está cadrado. Renegha do home actual, tan afastado dos animais, polo que se comporta coma eles.» Iago

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Por detrás dun piñeiro apareceu un home calvo e rexo andando en crequenas. Ao me ver, xirou a cabeza. Un ceno curioso repousaba na súa faciana curtida. Sen mediar palabra, foime polas costas e comezou a cheirar con ímpeto o meu traseiro.

—Desculpe… desculpe… DESCULPE!!! Pódese saber que raio anda a facer?!

—De que outra maneira podería saber de quen ves sendo?

—… —Non atinei a articular palabra.

—Seica andas moi lonx’ do teu foghar. Nin es d’eiquí nin tes parentes en Denantes.

—Contra! E eu que pensaba que andaba limpo e perfumado abondo… —Tentei afrontar a situación surrealista con humorismo.

—O home moderno e a súa ansia por ocultar a súa naturesa… Así vai o mundo!

Marchou correndo detrás dunha denociña que cruzaba a fraga naquel momento. Perdeuse na espesura do bosque.

Identidade oculta

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Elixio

Todos os deste personaxe

«En cada particularidade de Denantes e as súas xentes atopa unha conspirasión. Seghundo el nada é o que parés'. Ha de ser da miña idade, inda que semella máis novo de aspecto. É pequeno, ten o pelo neghro e uns ollos asuis que, do claros que son, meten medo.» Xiana

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Sei quen é —dixo un home que se acababa de achegar á barra, onde estou a lle botar un grolo arredado dos demais.

—Asistiu a algunha das miñas representacións? —expuxen unha hipótese.

—Pode deixar a tapadeira comigho. Sei que vén de moi lonx’ —articulou en voz baixa, con complicidade, para botar a continuación unha ollada derredor con desconfianza.

—Xa, non son de aquí, pero tampouco é que viva a tantísimos quilómetros!

—Comprendo que queira aghocha-la realidade a todos estes aldeáns que non serían quen de aseptala, mais non teña medo comigho. Sei que vén de lonx’, pero de lonx’ de verdade; non catro pobos máis aló, senón varios séculos alén.

—Entón, segundo vostede, eu… —dixen para a continuación morderme o beizo inferior.

—É un viaxeiro no tempo! Teño que ghabarlle o personax’ improvisado, case me conseghe despistar. Pero esa roupa… está demasiado ben feita pra ser un disfrase pr’unha obra de teatro. Ben se ve nos tesidos e no acabado. —Se soubese o proceso de fabricación destes trapos… Dende logo que bo ollo non ten este demente.

Dar con alguén con desordes psíquicos en Denantes, baseándome na miña curta experiencia, parece algo do máis habitual. Intentar razoar non semella que vaia ser produtivo. Deámoslle renda solta ao meu talento interpretativo.

—Está ben, colleume —dixen cun ton de voz feble—. Podo contar coa súa discreción? —Ao escoitar estas palabras, iluminóuselle a faciana.

—Dende logho que si —respondeu con importancia—. É un deles?

—Mmm…

—Xa sabe a quen me refiro.

—Sei. Non, non exactamente.

—Non me digha máis, tamén o controlan.

—Algo así. —A quen se estará a referir?

—Conte, como é iso de viaxar no tempo? Doe?

—Non lle vou negar que un pouco si. Un descomponse para volver compoñerse no pasado ou no futuro. É un proceso se cadra máis molesto ca doloroso. —Por exemplo.

—De onde vén aghora?

—Esa é unha pregunta que non lle podo responder, pola súa propia seguridade. —Asinte coa cabeza.

—Díghame polo menos que fai eiquí?

—Non deixa de ser un accidente común nas viaxes no tempo. Un non sempre remata onde pretende.

—U-la máquina do tempo? Tena aghochada no monte?

—Ó principio dos… —Como se chamaba ese deus grego?—. Da… crono… navegación, ó principio da crononavegación, é certo que se usaban grandes máquinas. Mais agora, o trebello colle nun peto. Coidado, achégase alguén! Disimule, cónteme algo sobre galiñas ou algún deses temas dos que falan por aquí.

Últimos preparativos

Muíño
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Ádega

Todos os deste personaxe

«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. É a máis afortunada por ter caído nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas

Landelino

Todos os deste personaxe

«A dos Umbón, unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, está tamén en vías de extinsión; neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.» Galilea

Leuco

Todos os deste personaxe

«Como a min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. É músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Osián

Todos os deste personaxe

«Meu fillo. Ten quinse anos pero a forsa dunha mula. Colleu con ghanas a idea de me suseder. Encántalle o sinema. É unha ghrande axuda na preparasión das sesiois.» Landelino

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Como pode haber aquí un cinema se non teñen luz no pobo. É vostede o proxeccionista? —inquirín.

—Non é casualidade que o sinema estea adesionado a un muíño. Non se trata dun sistema ótimo, mais si bastante efetivo. O muíño de augha é o que fai traballar o prosetor.

—Enxeñoso! Funciona ben?

—O maior problema era reprodusir a velosidade de prosesión con fidelidade, pra que os filmes fosen ó ritmo axeitado. Nin todos os días o río trae a mesma forsa, nin todos os filmes teñen o mesmo número de fotoghramas por seghundo, así que hai que axustalo en consecuensia. Pra iso, Heitor deseñounos un sistema de piñois co que podemos estableser en cada momento a velosidade axeitada. É un prosedemento a base de proba e erro: ata que os movementos dos atores non son naturais, non deixamos de axustar. Só temos iso en conta, incluso no caso de que nas bobinas veña marcada a velosidade de prosesión. Meu fillo, Osián, acadou unha asombrosa habilidade no seu manexo. É capás de axustalo rapidísimo. Falando del… —Un mozo entra pola porta.

—Xa vou tendo ganiñas de ver isto en marcha.

—Claro, decontado. Fillo, descárghame o filme da mula. —Saíu sen mediar palabra escaleiras abaixo—. Aquí ten os testos. Van numerados conforme os rótulos, ten que levar un pouco de tino pra non perderse.

—Procurareino. É a miña primeira vez. Mágoa que non saiba ale… Aaaah! —Ao me xirar, atopei un inesperado réptil nun estante.

—He, he! Non repararas neles, non si? Ó estarmos á beira do río, xa se sabe, andamos cheos de mosquitos. Espallar uns cantos laghartos pola sala atalla case por completo o problema. —O corazón aínda me vai a mil.

—Boas, cabaleiros. —Entrou un home refinado.

—Pero ves sen nada?! —reprochoulle Landelino.

—Si, o resto non podían vir, pero xa lles comentei como ía o conto. Ó final desidín que a ambientasión hox’ sexa a base de corda. Non habemos ter problema en axustar en directo unha pequena base que xa ensaiamos. —Landelino estaba estupefacto—. Veña, eu déixoos xa, que de pouca axuda sería por aquí. —Vaia, quen ía pensar que estes paspáns o tiñan tan ben montado.

—Aí tes. —O fillo entregoulle unha lata circular ao pai, mentres termaba dunhas cantas máis. O home axustou o rolo no proxector e conectouno a un mecanismo que saía do chan.

—Parés’ que co de onte debería traballar ben, ti que dis?

—Probaremos. Vou conectalo abaixo.

—Ádegha, por fin cheghas. Xa me tiñas preocupado. Máis che vale que veñas co cartel.

—Non, este rolo que traio na man é… dá ighual! Mira.

A moza amosa unha pintura lúgubre. Unha figura feminina deitada no chan, exánime, coa roupa aberta. Deixa un seo ao descuberto polo que escorrega un regueiro de brillante sangue vermello. Brota dende unha fenda que ten no peito. Contrasta co resto do debuxo, pintado en branco e negro. Non acabo de ver a relación coa obra de Shakespeare. En letras angulosas, estaba escrito Hamlet na parte superior. Xusto debaixo, e máis pequeno, poñía: «con Asta Nielsen».

—Un peito ó ar e sanghe, mira que che ghusta… Anda, cólghao da porta. Non imos ter esta discusión outra ves.

—Este tipo de manifestacións son comúns na arte —apuntei en descargo da rapaza.

—Xa, xa, ben cho sei. —Asentiu—. Pero un chisco de variedade…

—Vai, papá! —emerxeu unha voz dende o piso de abaixo.

—Dálle! —Umbón fixo uns derradeiros axustes no aparato, apagou a maioría das lámpadas e a fita comezou a bulir. Empecei a seguir entón o escrito.

—UNHA MULLER?! —Fun incapaz de reprimir o grito ao ler que a adaptación cinematográfica partía da premisa de que Hamlet en realidade era unha muller. Hipótese dun profesor norteamericano, un tal Dinning. Tiña que ocultar o seu sexo para poder ser sucesora —sucesor— do moribundo rei. Típica «modernidade» deste invento do diaño. Nin os clásicos respectan…

Comentarios cinéfilos

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Lois

Todos os deste personaxe

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do mesmo pau que papá e o avó. É o maior e máis estirado dos meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, e as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira moi formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Eu sempre sospeitei que ti eras unha muller —espetoulle Lois a Breixo.

—Unha muller? Non ves a barba ou que?

—A miña avoa, que en pas descanse, tiña unha barba moito máis viril ca esa pelux’ de rata que che sae a ti.

—Eu déixovos que estou esgotado. Vou para a cama —interrompín con sinceridade a disputa pueril.

—Vén botar a última, home, que imos comenta-lo filme. Ademais, ti fixéchelo do carallo —Plinio botoume un afago.

—Non, de verdade que estou a caer co sono —dixen mentres me despedía. Amosei o envés da man e pechei un par de veces todos os dedos, agás o polgar, sobre a palma.

Sorprendérame a velada. No canto da proxección atolada que esperaba —coma as anteriores ás que asistira—, con xente a falar, nenos chorando e correndo pola sala, papando comida de toda clase… os asistentes só abriron a boca nos cambios de rolo. Tiveron un comportamento litúrxico. Van ao cinema como quen vai a misa. Abraiante! Xa me gustaría a min que todas as miñas funcións teatrais foxen tan respectuosas.

Denantes, adeus, para sempre adeus!

Paporroibo
Rúa
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Elixio

Todos os deste personaxe

«En cada particularidade de Denantes e as súas xentes atopa unha conspirasión. Seghundo el nada é o que parés'. Ha de ser da miña idade, inda que semella máis novo de aspecto. É pequeno, ten o pelo neghro e uns ollos asuis que, do claros que son, meten medo.» Xiana

Faxildo

Todos os deste personaxe

«Calvo e con barba. Está cadrado. Renegha do home actual, tan afastado dos animais, polo que se comporta coma eles.» Iago

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—QUIIIIII-QUIIIIRIIIIIII-QUIIIIIIIIIIIII!

—Faxildo, como te colla, heiche meter a forcada polo cu!

—Puto enfermo do carallo!

—Silvina, tráeme a escopeta, que con este polo imos ter sena pra toda a semana!

—QUIIIIII-QUIIIIRIIIIIII-QUIIIIIIIIIIIII!

Achégome á fiestra e vexo o cheiracús subido no tellado do veciño. Está a imitar o canto dun galo… de oitenta quilos! Mentres, a xente das proximidades profire toda sorte de insultos e ameazas. Eu que pensaba que ao marchar co romper do día non ía vivir hoxe sucesos estraños…

Olga está xa co almorzo preparado. Azóutame un sentimento efémero de nostalxia. Razón de máis para saír de aquí o máis rápido posíbel.

—Bos días. Como durmiu hox’?

—A verdade é que, obviando o incidente do «galo», mellor que a noite anterior. Iso seguro. Sen pesadelos e do tirón. Vou tomar só leite, non teño ghana de comer nada. —Ghana?, ghana?, isto é peor do que pensaba. Como non marche decontado…

—Tome, pero isto non é almorso pr’un home. —Correspondina cun leve sorriso.

—Ben, Olga, eu marcho xa. Deica, Chano! —O fillo acababa de baixar cos ollos aínda cheos de lagañas—. Teño asuntos que atender. Non quero perder o barco de hox’. —E agora dixen hox’. Merda, merda, merda!—. Despídame de Belisario. E grazas por todo.

—Seghuro que non quere que lle mande nada pró camiño?, quedan uns anacos de empanada d’onte. —Niso estaba a pensar eu, en botarlle risado ao corpo.

—Non, de verdade. Moitas grazas.

O día é luminoso, reflicte as miñas gozosas perspectivas de fuxida. A rúa está aínda baleira a pesar de Faxildo. Perfecto, pronto estarei lonxe; a salvo.

—Pssss, señor! Psss, señor! —Alguén está a chamar por min. Xa dicía eu que non todo podía ser tan bonito—. Pódoo acompañar ó vapor? —Elixio, o que me faltaba.

—Non cómpre que vexan que intimei máis do imprescindíbel con ninguén. Xa sabes que poden andar á espreita. Compréndelo? —Se me podo aforrar aturar a calquera denantés, farei o posíbel porque así sexa.

—Por completo —dixo ás abaixadas—. Se alghún día nesesita un compañeiro prá crononaveghasión, aquí me ten.

—Non esquecerei a túa discreción, Elixio. Grazas por todo. —Alí o deixei, todo cheo de razón.

Xa vexo o barco ao fondo, escanastrado de forma encantadora. O mar resplandece derredor ao contacto das raiolas douradas do amencer. Ningunha gaivota, nin vellos nin esqueletos á vista… A felicidade é total. Mmm!, mesmo creo percibir un doce arrecendo a pexego, aínda que por aquí non haxa árbore tal.