Asalto

Casa
Heduvixe

Todos os desta narradora

«Se caghas un peido un pouco forte xa corre a se fechar na casa. A vella, pequerrecha e con olleiras de moso en San Xoán, tenlle medo ata á súa propia sombra.» Maro

Heduvixe

Todos os deste personaxe

«Se caghas un peido un pouco forte xa corre a se fechar na casa. A vella, pequerrecha e con olleiras de moso en San Xoán, tenlle medo ata á súa propia sombra.» Maro

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Que é iso que se escoita no tellado? Semellan unhas pegadas. Sen respirar percibireino mellor. Si, non hai dúbida, pero non anda só unha persoa, séntense unhas cantas. Pisan suave para pasaren desapercibidas. Sorte que teño ouvidos de porca parida. Bulen de aquí para acolá, procurando unha fenda pola que entrar, mais non a van atopar. Ou se cadra si? Claro! Aquel ruído co que me espertei onte. Seguro que abriron un pequeno burato que dá ao faiado para volveren hoxe e accederen por aí. Malditos! Voume meter na despensa, non creo que veñan polos chourizos. Alí teño un coitelo para me defender chegado o caso. Rápido, só hai tempo de salvar o colgante da avoa.

Amorearei axiña todos os alimentos e utensilios onda a porta, así non poderán pasar. Mais cómpre que o faga con coidado e sen arrastrar, non vaia ser que se decaten.

Estou sen alento. Só espero, Virxenciña, que servise de algo. Que é iso que se sente? Choiva? Non eran pegadas, estaba a faiscar!

Que mellor momento para penetrar nunha casa sen seren sentidos que coa complicidade do murmurio da auga ao caer? Meu Deus!