A alborada dos homes

Rúa
Leuco

Todos os deste narrador

«Como a min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. É músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Leuco

Todos os deste personaxe

«Como a min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. É músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.» Ádega

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

As estrelas asoman con timidez mentres as nubes esvaen devagar. O chan retén aínda a humidade e o recendo a chuvia potencia a fragrancia da natureza. A vila permanece silente, lutuosa. En ferrados só acompañan as miñas pegadas á melodía nocturna. Ao canto dos grilos úneselle agora un distante zoar. A medida que vou facendo camiño, o murmurio medra en intensidade e a dúbida muda en certeza.

Acelero o paso coa ilusión de chegar a tempo. Asómome con sixilo á fiestra da sala. O cadáver repousa engalanado nun cadaleito escuro derriba da mesa mentres en volta estase a producir unha das máis vedrañas mostras culturais. Contemplar o abellón é internarse na noite dos homes, en civilizacións xa extintas. Un rito funerario persistente ao transcorrer dos séculos, inmune a invasións, ao florecer e murchar de ducias de pobos. Un vestixio da xénese comunal. Dende unha perspectiva distante, o abellón pode adoptar certa comicidade infantil: vellos que apenas poden terse en pé entoan con escrupulosidade o seu zunzún mentres xiran derredor do membro finado. Como en toda liturxia, o seu sentido simbólico preséntase latente aos executantes. Igual ca nunha espontánea ovación, a remisión da representación é natural, vai cesando de maneira secuencial: algúns membros comezan a parar, mais durante un intre aínda se prolonga o zumbar cada vez menos coral. O derradeiro dos zunidos anuncia o silencio máis sepulcral.