Á busca de leito

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Ola, boa tarde. Pódeme servir un vaso d’auga?, por favor. —O bulicioso bar quedou en completo silencio á miña chegada.

—Vaia! Isto non se ve tódolos días: unha visita! Non trae boa cara. Tome.

—Graciñas. Si, atópome un tanto mareado —dixen antes de apoiarme nun tallo para non rematar no piso.

—Ben lle se nota —comentou o taberneiro, un home repoludo de abundante peluxe e escaso cabelo.

O sabor residual do risado adherido ao padal fixo que aquel non fose un grolo de sabor agradábel, mais si reparador.

—Ninghén o vai preghuntar? Veña, xa o fagho eu: por que vas vestido desa maneira? —dixo un home que estaba na barra. Rachou así cun amplo silencio que aproveitara para acadar un estado próximo ao humano.

Tanto tempo a vagar pola fraga e non se me ocorreu pensar en que dicir ao chegar á vila. Dende logo que a verdade non é unha opción. En que situación me deixaría ante estes pailáns? Pensa algo. Axiña!

—Non lles podo comentar máis para non estragalo. Por favor, non me pregunten. Mais son actor. A miña chegada a Denantes é parte dun exercicio artístico. —Pero que grande son! Á hora de improvisar tampouco teño igual.

—Xa que non nos quere falar dese exersisio, cóntenos por que cheghou neste estado? —O propietario d’O Paporroibo, acorde aos meus desexos, cambiou de tema.

—Vin a pé polo monte. Xa saben, non pregunten. Atopei no meu camiño un vello que me deu a comer unha froita, seica vostedes a chaman risado…

—Risado fresco?, acabado de recoller da riseira? —interrompeu un home novo que tamén estaba diante dun viño na barra.

—Moito me temo, si. E despois…

—Xa, non é presiso que dighas máis. Ben che se ve na fasiana que estás a piques de gholsar só de lembralo. Abofé que todos os que estamos eiquí sabemos o que susede cando un proba o risado fresco. —O taberneiro aforroume o mal trago.

—Pois non puido ser outro que o cabrón de Maro —dixo o home novo cun leve sorriso instalado no rostro—. Cóbrame o que che debo, Bili. O deber chámame.

—Son dous ghatos e tres micos, Iagho. Que che se perderá na funeraria destas horas…

—Os mortos son moi seus. Sempre hai algho que faser. Veña, xente, deica! —Iago marchou despois de pagar cunha estraña moeda.

—Fixeime en que non lle pagou con cans. Non sabía que utilizaban outra moeda. Teñen por aquí un banco para trocar algo de cartos para lle pagar?

—Nesta vila ós ladrois mandámolos ó caldeiro, non lles poñemos locais pra que rouben con comodidade. Pero non se preocupe, pode paghar con cans. E, díghame, canto ten pensado quedar por eiquí? —preguntoume Belisario. Sen o saber, acábame de poñer nun compromiso. Despois de inventarme o do exercicio, non podo dicir que marcho decontado. Terei que pasar cando menos o día de mañá tamén aquí, por pouco que me entusiasme a idea.

—Non o teño todo decidido. Se cadra marcho mañá á tardiña. Que opcións hai para saír de aquí? Creo que subir a pé de volta non me seduce. —Case sen me decatar, O Paporroibo volve ser o lugar ao que entrei. Xa non sinto os ollos de toda a sala pegados á caluga.

—Moi ben comunicados non estamos, pra que neghalo. A mellor opsión é colle-lo vapor que o leva ata a sidade. O próximo é en dous días, á mañansiña. —Vou ter que pasar unha xornada enteira neste lugar, amais do que resta de tarde. Se nunhas horas aquí xa estou así… Que Deus me asista!

—Así o farei. Hai algunha pousada por aquí para pasar estas dúas noites?

—He, he, he! Si, claro! Está xustiño onda o consesionario de coches… Vostede sabe cantos visitantes ten Denantes cada ano? —dixo o home colorado pola risa, igual có resto de seareiros que estaban sentados á barra.

—Arriscareime: apenas ningún?

—Esato! Quen ía querer poñer un hostal aquí? Nós tiñamos unha habitasión pr’estes casos, mais hai tanto tempo que non lle dabamos uso, que a enchemos de trastes.

—Cun lugar para durmir éme suficiente. Con poder chegar á cama, non importa que haxa cousas polo medio.

—Olgha, aténdeme eiquí. Vou retirarlle as trapalladas ó moso pra que poida quedar un par de noites no cuarto de arriba.

—Non me sexas chafallas e adesenta aquilo un pouco. E limpa o po! Non lle vaia dar mal con tanta merda que hai alí acumulada —espetou a súa dona, con man firme.

—De verdade que non fai falla, con pouco confórmome. Non lles quero causar molestias.

Hora leda

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Landelino

Todos os deste personaxe

«A dos Umbón, unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, está tamén en vías de extinsión; neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.» Galilea

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—… e meteulla polo cu! —O Paporroibo enteiro está sumido nunha orxía de risas—. He, he, he!

—Bos días. Aínda te non recuperaches? Perdoa que cho digha, pero seghes a ter un aspeto horríbel —saudoume Belisario.

—Si, non pasei boa noite.

—Claro, a cama é demasiado dura —dixo Olga.

—Non, a cama está ben, Olga, de verdade. Non tivo nada que ver. Vou sentar aquí un anaco mentres esperto de todo.

—… e díxolle: mellor ca ti, papahostias! —Outro coro de gargalladas.

—Estádesvos a escarallar, pero a min estes chistes parécenme malísimos —díxenlle a Plinio, que estaba sentado ao meu lado.

—É que o son. Máis malos cá carne do prepusio dun ghato. Mais xa verás como nun intre che pareserán mellores.

—Olga, que andas a cociñar na lareira? O recendo chega ata aquí! —Intereseime.

—Estou a coser… —Fixo unha pausa a metade de frase, como se se lembrase de algo—. O-o recheo prás empanadas.

—Ola. —Achegouse un home—. Son Landelino Umbón. Vostede é o actor, verdade?

—Sonlle.

—Sería moita indiscresión preghuntarlle que tipo de teatro fai?

—Non. Sobre todo fago teatro clásico, xa sabe: Molière, Marlow, Calderón, Shakespeare…

—Chéspir, eh? —Cacho pronuncia ten o paifoco, seguro que non escoitara ese apelido na vida—. O caso é que esta noite estreamos un novo filme en sesión lareta, Ghamlet. Quen mellor que alghén versado na obra de Chéspir, coma vostede, pra le-los rótulos? Ghustaríalle? —Hai un cine nun lugar coma este? Non pode ser.

—Sesión lareta, que é iso?

—A lareta é a sesión prós analfabetos da vila. —Tomou a palabra Plinio—. Ou pra aqueles que non vén un carallo. Lense os intertítulos en voz alta pra que poidan seghi-la película.

—Entón, que?, contamos con vostede?

—Pode ser divertido.

—Olgha, en canto estea lista, mándanos uns anacos de empanada pra selebralo —dixo Umbón.

—… non, mais ghustaríame velas —O Paporroibo enteiro escangallábase.

—Non, mais ghustaríame velas —repetín o final do chiste que acababan de contar—. He, he, he! Que bo! —Este si que estivera simpático.

O canto das gaivotas

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Binucho

Todos os deste personaxe

«Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.» Níscaro

don Primitivo

Todos os deste personaxe

«É o médico da vila. Alto, robusto e co pelo neghro. É o único que sabe realmente a ghravidade dos meus males, inda que ma oculte co fin de non me preocupar.» Aldara

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Níscaro

Todos os deste personaxe

«Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita. Lévao ó ar. Sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.» Belisario

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Pero que demo che aconteseu!? —preguntoume Olga nada máis entrar pola porta—. Don Primitivo, acúdalle aquí!

—A ver, déixame botarlle unha ollada, fillo. —Retiroume a gorgueira coa que estaba a tentar conter a hemorraxia—. Non é gran cousa, aínda que si aparatosa por todo este sangue. Toupeira, dáme unha botella de licor de herbas da casa. Olga, non tes por aí agulla e fío? —Vaia, home, o que faltaba.

—Aquí ten, Don Primitivo.

—Toma, rapaz, pégalle un bo grolo. —Pero que raio!, isto é fortísimo.

Esteriliza os utensilios coa propia caña, que tamén utiliza para desinfectar a ferida. Hai que ver como proe! Aperta ben cos dedos a físgoa da fronte e comeza a suturar. A rememoración do episodio noitébrego faise ineludíbel. Volvo sentir con sensibilidade extrema as puntadas. Son incapaz de conter o frémito que ergue cada cabelo do meu corpo.

—Tres abondan. Non che debería quedar apenas marca —dixo mentres me poñía unha venda na fronte, suxeitada ao redor da cabeza cun par de voltas e un nó preto.

—E logho, que foi desta ves? Calamidade! —preguntou Belisario.

—Algo raro… para variar. Saín da igrexa e, xa no patio, algo caeu dende o ceo e bateu con violencia contra a miña fronte. Desorientado e co sangue a escorregar con profusión pola cara, cheguei á porta do cemiterio. Alí había unha moza de aspecto cadavérico que, tralo sobresalto inicial, pechou os ollos para cotenar comigo a toda velocidade. —A man acode a cubrir o costado con só lembrar o incidente.

—Así que Aldariña tirou contigho? —dixo Iago cun amplo sorriso—. É pouquiña cousa, miúda, esbrancuxada, parés’ que se vai romper ó mínimo gholpe, pero cando está aterrada…

—Sei que foi o que lle deu na cabesa —interveu Binucho.

—Que vas saber ti? Xogha, anda, xogha —Níscaro instouno a que seguise coa partida.

—Foi un mexillón. —Si, claro, os míticos mexillóns voadores de Denantes—. As ghavotas cóllenos nas rochas e pra abrilos soben unhas dusias de metros, ñññññi!, e sóltanos pra que se esmaghen contra o lastrado do patio da ighrexa e así poderen comer neles. Tivéche-la mala sorte de pasares por alí nese intre.

—Ññññi? Pero que carallo é ññññi?! —replicou Senén.

—O son que fan as ghavotas.

—Ti non viches unha ghavota na puta vida. —Entrou Abisinio tamén na conversa.

—Claro, como se houbese poucas aquí! Ademais, vin miles delas xuntas cando andaba ó mar.

—Pois non se nota. As ghavotas fan aaaaaaauaaa! —replicou Abisinio.

—Pero que van faser así, fan ññññiaaa! De sempre —expuxo a súa onomatopea Senén.

—Xoghai dun carallo dunha ves. A quen cona lle importa como faghan as ghavotas. — Níscaro estaba empezando a se desesperar—. Binucho, a puta que te pariu! Tiñas ese tres e antes xoghaches copas?! E, ademais, é guañññ!

Denantes, adeus, para sempre adeus!

Paporroibo
Rúa
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Elixio

Todos os deste personaxe

«En cada particularidade de Denantes e as súas xentes atopa unha conspirasión. Seghundo el nada é o que parés'. Ha de ser da miña idade, inda que semella máis novo de aspecto. É pequeno, ten o pelo neghro e uns ollos asuis que, do claros que son, meten medo.» Xiana

Faxildo

Todos os deste personaxe

«Calvo e con barba. Está cadrado. Renegha do home actual, tan afastado dos animais, polo que se comporta coma eles.» Iago

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—QUIIIIII-QUIIIIRIIIIIII-QUIIIIIIIIIIIII!

—Faxildo, como te colla, heiche meter a forcada polo cu!

—Puto enfermo do carallo!

—Silvina, tráeme a escopeta, que con este polo imos ter sena pra toda a semana!

—QUIIIIII-QUIIIIRIIIIIII-QUIIIIIIIIIIIII!

Achégome á fiestra e vexo o cheiracús subido no tellado do veciño. Está a imitar o canto dun galo… de oitenta quilos! Mentres, a xente das proximidades profire toda sorte de insultos e ameazas. Eu que pensaba que ao marchar co romper do día non ía vivir hoxe sucesos estraños…

Olga está xa co almorzo preparado. Azóutame un sentimento efémero de nostalxia. Razón de máis para saír de aquí o máis rápido posíbel.

—Bos días. Como durmiu hox’?

—A verdade é que, obviando o incidente do «galo», mellor que a noite anterior. Iso seguro. Sen pesadelos e do tirón. Vou tomar só leite, non teño ghana de comer nada. —Ghana?, ghana?, isto é peor do que pensaba. Como non marche decontado…

—Tome, pero isto non é almorso pr’un home. —Correspondina cun leve sorriso.

—Ben, Olga, eu marcho xa. Deica, Chano! —O fillo acababa de baixar cos ollos aínda cheos de lagañas—. Teño asuntos que atender. Non quero perder o barco de hox’. —E agora dixen hox’. Merda, merda, merda!—. Despídame de Belisario. E grazas por todo.

—Seghuro que non quere que lle mande nada pró camiño?, quedan uns anacos de empanada d’onte. —Niso estaba a pensar eu, en botarlle risado ao corpo.

—Non, de verdade. Moitas grazas.

O día é luminoso, reflicte as miñas gozosas perspectivas de fuxida. A rúa está aínda baleira a pesar de Faxildo. Perfecto, pronto estarei lonxe; a salvo.

—Pssss, señor! Psss, señor! —Alguén está a chamar por min. Xa dicía eu que non todo podía ser tan bonito—. Pódoo acompañar ó vapor? —Elixio, o que me faltaba.

—Non cómpre que vexan que intimei máis do imprescindíbel con ninguén. Xa sabes que poden andar á espreita. Compréndelo? —Se me podo aforrar aturar a calquera denantés, farei o posíbel porque así sexa.

—Por completo —dixo ás abaixadas—. Se alghún día nesesita un compañeiro prá crononaveghasión, aquí me ten.

—Non esquecerei a túa discreción, Elixio. Grazas por todo. —Alí o deixei, todo cheo de razón.

Xa vexo o barco ao fondo, escanastrado de forma encantadora. O mar resplandece derredor ao contacto das raiolas douradas do amencer. Ningunha gaivota, nin vellos nin esqueletos á vista… A felicidade é total. Mmm!, mesmo creo percibir un doce arrecendo a pexego, aínda que por aquí non haxa árbore tal.

O que ha de ser…

Casa
Olga

Todos os desta narradora

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Cibrao
Maeloc

Todos os deste personaxe

«Cura novo. Inda non ten os trinta. A modernidade chegha á ighrexa. As mesmas hostias dadas aghora con melena: dende que saíu do seminario non cortou o pelo. Ten sertas ideas que non lle ghustan moito ó tío Brais, mais non deixa de ser un cura, tampouco hai que pasarse co evolusionado do seu pensar.» Xocas

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

A casa está chea de xente: veciños, maioría de mulleres; a tía e irmáns de Candeloria, que rompen a chorar ao verme chegar —mais non porque me teñan un especial aprecio, é costume nos velorios recibir as visitas cun aumento na intensidade dos prantos—; tamén están os fillos, Cibrao e a defunta, no centro da sala, vestida coas súas mellores roupas.

Despois dos saúdos e pésames pertinentes a boa parte da concorrencia, diríxome a Cibrao:

—Ola, Olghiña, como é a vida, eh? Non somos nada.

—Nadiña… —Despois dun silencio sentido, volvo falar—. Trouxen unhas empanadas. Tes que comer algho, isto faise moi longho.

—Non teño ghanas de… —A mirada pérdeselle nalgún dos poucos lugares despexados da sala.

—Xa sabedes cando será o funeral? —Tentei traelo de volta.

—Si, Paulo estivo aquí hai un anaco. Díxome que xa poderá ser pasado.

—Logho, a risada será mañá?

—Nin sequera pensara niso. Non creo que a faghamos, non teño humor pra ela.

—Por iso. Ti cres que Candeloria quere ser despedida só entre bághoas? A risada de primeiras nunca apetese, mais logho un decátase do que reconforta. —Térmolle a man, é como agarrar a dun morto: non ten firmeza ningunha—. As tradisiois sono por un motivo. Déixoche unha caixa de risado na cosiña. —A súa boca estivo a piques de dicir algo, mais son os seus ollos os que falan de resignación, de submisión. Está superado polas circunstancias.

—Creo en Deus, Pai todopoderoso. —Maeloc está erguido ao lado do cadaleito. Da súa man dereita pendura un rosario constituído por unhas contas de madeira de riseira e un crucifixo dourado—. Creo en Xesús Cristo, seu único fillo…