Igrexa
don Brais

Todos os deste narrador

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves á misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Don Brais

Todos os deste personaxe

«O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves á misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.» Xocas

Cosme

Todos os deste personaxe

«O meu tío é bastante diferente de meu pai: aberto, simpático e un lustro máis novo. Está solteiro e vive connosco.» Plinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Ave María purirma.

—Sen pecado concibida. Dime… fillo.

—Volvino faser.

—O que?

—Que vai ser? Ela búscame, ponse toda melosa, e inda que trato de me resistir, sonlle demasiado débil.

—Mmmm…

—E ademais como se fosemos animais, collina por…

—Os detalles non son precisos, Cosme.

—Este fornisio non só ofende a Deus. Cada ves que penso en meu irmán e no sobriño… Como podo ser tan cabrón!? Se cadra o mellor é que marche lonx’ de Denantes, que colla as miñas cousas unha noite pra non reghresar xamais.

—Pero, fillo, como se che pasa sequera polo maxín facer cousa tal? Tanto teu irmán coma seu fillo téñenche moito aprecio. Non soportarían perderte.

—Está a defender o adulterio?

—Adulterio é unha palabra moi fea. Vós sodes irmáns, e por tanto tedes o deber de compartilo todo. Se vos queredes e vos respectades, aínda que pase isto de cando en vez, que dalgunha maneira pode axudar a manter unido ese matrimonio, para Deus estará ben.

—De verdade o cre?

—Pois claro. Non tes ningunha outra cousa que confesar?