Casa dos Egruever
Menandro

Todos os deste narrador

«Dende que papá se puxo á fronte da familia, o avó relaxou un pouco e acostuma poñerse do lado dos netos. É o máis comprensivo coas miñas falcatruadas. Non herdou o pelo de seu pai, está medio calvo; e cando digho medio, quero disir que non ten un só pelo no medio da cabesa.» Xocas

Cibrao
Menandro

Todos os deste personaxe

«Dende que papá se puxo á fronte da familia, o avó relaxou un pouco e acostuma poñerse do lado dos netos. É o máis comprensivo coas miñas falcatruadas. Non herdou o pelo de seu pai, está medio calvo; e cando digho medio, quero disir que non ten un só pelo no medio da cabesa.» Xocas

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Non tiña que se acheghar at’eiquí, encarghámonos nós de todo. Candeloria terá o mellor dos enterramentos. Xa nos dixo súa filla que lles ghustaría lembrala cun retrato. Verá como miña neta conseghe pintala tal e como era. Ten moito talento.

—Quixen vir en persoa porque lles teño que pedir un favor, o meirande que lle pedín a ninghén. —Conforme vai falando, os ollos vánselle enchendo de bágoas—. Vivín os mellores trinta anos da miña vida ó lado desa muller: deume tres fillos que quero con loucura máis á Pauliña, que seghuro que a terá aghora en brasos, e sempre contou co meu amor incondisional; pero hai algho que lle debo. Unha débeda contraída moitos anos atrás que non lle paghei en vida, coa que terei que carghar durante toda a miña viuvés. Non será o mesmo, ben o sei, pero quérolle cumprir o soño inda que sexa aghora. —O beizo inferior tremelícalle sen control.

—Tentarémolo. Só díghame cal era a promesa.

—Prometinlle que ía levala montar en camelo; a vivir unha aventura. Por favor, Menandro, sei que é unha tolería o que lle estou a pedir. —Púxose de xeonllos e termoume da man para continuar—. Mais estou eu mesmo ó bordo da tolemia. Foi todo tan ridículo, tan inxusto! —Ata aquí chegou a súa resistencia ao pranto—. Préghocho! Axúdame ti a cumprirlle a ilusión da súa vida! Que parvo fun!, que miserábel! Incapás de comprasela por unha ves… —A súa voz apagouse de todo entre saloucos.

—Tes a miña palabra de que imos faser todo o que estea na nosa man. Vai prá casa, pasa este momento cos teus. Non te preocupes de máis nada. —Xa bastante nos imos ter que crebar nós o maxín na procura da besta exótica… Érguese e fúndese comigo nunha húmida aperta.