A veciñanza

“A medida que vaian aparesendo con serta relevansia nos capítulos, enghadirase unha descrisión de cada personax’ habitual por outro denantés, o que che debería axudar a seghir as historias. Tamén che resultará útil prá naveghasión por etiquetas. Todos os que aparesen neste índise xa interviron como personaxes. O vensello de personaxe traballará sempre, mais non todos foron xa narradores, polo que moitas desas lighasois levarán a páxinas que inda non existen.” Teodolinda

Abilio, Abisinio, Ádega, Aldara, América, Anatolia, Belisario, Binucho, Breixo, Cosme, Don Brais, Don Primitivo, Egruever, Os, Elixio, Faxildo, Fuco, Galilea, Heduvixe, Iago, Iolanda, Landelino, Leuco, Lois, Lucas, Maeloc, Marías, Maro, Menandro, Mendo, Níscaro, Olga, Oliva, Osián, Paulo, Pía, Plinio, Ribo, Senén, Sibila, Sinforiano, Siña Telesfora, Xiana, Xocas, Xuli, Xusto

Abilio

Personaxe | Narrador

“Alto, fraco e coa cabesa nas nubes. Aínda que anda polos trinta, seghe sen saber o puta que é a vida. Sacha coma un cativo.” Xusto

Abisinio

Personaxe | Narrador

“O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pra ir da taberna a casa e de casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.” Senén

Aldara

Personaxe | Narrador

“Di ter todos os males coñecidos pola ciencia, máis outros moitos que aínda están por descubrir. Non chega ó cuarto de século, mais non fai outra cousa ca pensar na morte. Pequena e moi fraca, hai na vila cans que pesan máis ca ela. Extremadamente pálida, quen sabe se é a verdadeira cor da súa pel ou consecuencia da súa agonía perpetua.” Don Primitivo

Anatolia

Personaxe | Narrador

“Alta e enghurrada. A vella está tan tola como indican o seu pelo e ollos.” Lois

Belisario

Personaxe | Narrador

“Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.” Abisinio

Binucho

Personaxe | Narrador

“Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.” Níscaro

Cosme

Personaxe | Narrador

“O meu tío é bastante diferente de meu pai: é moi aberto, simpático e un lustro máis novo. Está solteiro e vive connosco.” Plinio

Don Primitivo

Personaxe | Narrador

“É o médico da vila. Alto, robusto e co pelo neghro. É o único que sabe realmente a ghravidade dos meus males, aínda que ma oculte co fin de non me preocupar.” Aldara

Elixio

Personaxe | Narrador

“En cada particularidade de Denantes e as súas xentes atopa unha conspirasión. Seghundo el nada é o que parés’. Ha de ser da miña idade, aínda que semella máis novo de aspecto. É pequeno, ten o pelo neghro e uns ollos asuis que, do claros que son, meten medo.” Xiana

Faxildo

Personaxe | Narrador

“Calvo e con barba. Está cadrado. Renegha do home actual, tan afastado dos animais; polo que se comporta coma eles.” Iago

Fuco

Personaxe | Narrador

“O meu mellor amigho no mundo. Ambolosdous temos trese anos. Cre que vai tocar unha teta antes ca min. Coitadiño!” Estevo

Galilea

Personaxe | Narrador

“Volveu de África non hai moito cun par de fillos. É nai solteira e ten unha atitude impropia dunha muller: sempre fala con moita aghresividade e está decote na barra da taberna. Atea e amante da siensia, que pra ela todo o pode esplicar; si, é unha iñoransia como outra calquera.” Pía

Heduvixe

Personaxe | Narrador

“Se caghas un peido un pouco forte xa corre a se fechar na casa. A vella, pequerrecha e con olleiras de moso en San Xoán, tenlle medo ata á súa propia sombra.” Maro

Helga

Personaxe | Narrador

“Unha das miñas máis apreciadas freguesas. É unha moza nova que hai pouco que recibiu o sacramento do matrimonio. Sempre estivo preocupada por non perder a virtude e por seguir os ditados da lei de Deus.” Don Brais

Landelino

Personaxe | Narrador

“Os Umbón son unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, esta tamén está en vías de extinsión, neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.” Galilea

Leuco

Personaxe | Narrador

“Coma min, encántalle apresiar a belesa; aínda que os seus ghustos son máis heteroxéneos. É músico. Andará pola trintena, louro cos ollos asuis e ben paresido. Non casou.” Ádega

Marías

Personaxes | Narradoras

“Están as dúas viúvas dende que me alcansa a memoria. Sempre sentadas no seu banco. A forsa de enghanar ó tempo xuntas, son case que a mesma persoa, tanto en aspecto como en personalidade. As únicas conversas que podo lembrar delas son referentes á meteoroloxía.” Leuco

Maro

Personaxe | Narrador

“Linghua de trapo, un carácter do demo e ninghunha persoa á que lle render contas. Ghústame este fulano.” Xusto

Mendo

Personaxe | Narrador

“Disían que de pequeno era moi listo, que se había converter nalghén importante, pero non sei como rematou cun posto de verduras na prasa. Hai algho que non me cheira ben neste asunto.” Elixio

Níscaro

Personaxe | Narrador

“Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita; lévao ó ar, sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.” Belisario

Olga

Personaxe | Narrador

“Fai a mellor empanada de risado da vila, e por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo neghro —aínda que xa lle empezan a saír alghunhas canas— peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.” Abisinio

Oliva

Personaxe | Narrador

“Unha muller maior entreghada ós demais. Sempre se preocupa de que non me falte de nada. Se hai alghún denantés en apertos, sempre é a primeira en acudir.” Sibila

Osián

Personaxe | Narrador

“Meu fillo. Ten quinse anos pero a forsa dunha mula. Colleu con ghanas a idea de me suseder. Encántalle o sinema. É unha ghrande axuda na preparasión das sesiois.” Landelino

Pía

Personaxe | Narrador

“É unha muller como calquera outra camiño da vellés —parece que ten dez anos máis dos que en realidade ten—. Moi extrovertida —unha puta rexoubeira—. Ghústalle estar ó tanto do que susede na vila —é unha candonga cotilla—.” Oliva

Plinio

Personaxe | Narrador

“É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.” Breixo

Ribo

Personaxe | Narrador

“Un can vaghabundo —literalmente— obsesionado con nadar: pasa o día enteiro na praia ou no río, sempre a esperar que aparesa alghén pra lle tirar o pau.” Xuli

Senén

Personaxe | Narrador

“Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.” Abisinio

Sibila

Personaxe | Narrador

“Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contacto que ten co exterior.” Binucho

Sindo

Personaxe | Narrador

“Sempre está á busca de formas de papar e beber de moca e de maneiras de ghañar cartos co mínimo esforso.” Olga

Siña Telesfora

Personaxe | Narrador

“Encántalle disirlle a todo varón menor de trinta anos que está feito un home. Camiña a paso de caracol, ten os ollos pequechos e o queixo cheo de pelos duros como espiñas.” Iago

Xuli

Personaxe | Narrador

“É o fillo maior de Ghalilea. Neghro como unha noite, fraco como unha vimbia e aínda que só ten un ano máis ca min, xa é tan alto coma meu pai. É bastante reservado. Ghústalle moito aprender sobre todo. Mira que corre o cabrón!, máis ca calquera outro na vila. Mellor non falar do tamaño da súa pirola…” Fuco

Xusto

Personaxe | Narrador

“Levo media vida a sachar con el. Ten moito xenio. Está xa de volta de todo. Por maior que sexa, aínda traballa moi ben a terra. Sei que no fondo me ten apresio e eu dende logho que llo teño a el.” Abilio

Os Egruever

“A miña familia ocúpase dende tempos inmemoriais de todo o que ten que ver coa morte en Denantes, da extremaunción ó nicho.” Xocas

Sinforiano

Personaxe | Narrador

“Meu bisavó Sinfo. Tratado con absoluto respecto e distansia polo resto da familia. En realidade é coma min, detrás desa pouse severa aghóchase un ghrileiro. Ten máis anos ca unha merda de dinosauro. O probe consérvase como pode, pero iso si, ten un pelaso…” Xocas

Don Brais

Personaxe | Narrador

“O meu tío avó é un cura tipo: fuches alghunha ves a misa? Pois tal que así. Vello, tripón, con vos de púlpito e fasulas prendidas polo sanghe de Cristo.” Xocas

Menandro

Personaxe | Narrador

“Dende que papá se puxo á fronte da familia, o avó relaxou un pouco e acostuma poñerse do lado dos netos. É o máis comprensivo coas miñas falcatruadas. Non herdou o pelo de seu pai, está medio calvo; e cando digho medio, quero disir que non ten un só pelo no medio da cabesa.” Xocas

Lucas

Personaxe | Narrador

“Carpinteiro. Podería chantar os cravos na madeira a cabesasos. Ten as mans tan ásperas que dunha carisia pode levarche media cara. Inda así é moi xeitoso no seu. Xa é maior, debe de andar preto dos corenta. Se non casou ata aghora, dubido que o fagha. Tocaranos ós pequenos faser dos fillos que non tivo o tío Lucas.” Xocas

América

Personaxe | Narrador

“Miña tía e nai de Breixo e Maeloc. Mestra de carpideiras. Baixiña e repoluda. É a mellor amigha de miña nai dende pequechas.” Xocas

Breixo

Personaxe | Narrador

“Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. O seu desorde do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho pero non vai atopar noiva na vida. Ghústalle máis un libro cá Ádegha unha decapitasión.” Xocas

Maeloc

Personaxe | Narrador

“Cura novo, aínda non ten os trinta. A modernidade chegha á ighrexa. As mesmas hostias dadas aghora con melena, dende que saíu do seminario non se cortou o pelo. Ten sertas ideas que non lle ghustan moito ó tío Brais, mais non deixa de ser un cura, tampouco hai que pasarse co evolusionado do seu pensar.” Xocas

Paulo

Personaxe | Narrador

“Papá. Téñolle ese apresio que vai ghravado no sanghe, mais é un repunante. Aghás o de meterme na brighada necrolóxica, o resto das súas acsiois teñen como obxectivo amolarme. Dende que está á fronte da familia é inda peor.” Xocas

Iolanda

Personaxe | Narrador

“Seica non lle resultou doado collerlle o pulso á familia. Aghora é unha choradeira máis ca desente e xa está habituada a convivir coa morte. Que vou disir do boa que é, son seu fillo.” Xocas

Lois

Personaxe | Narrador

“O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do mesmo pau que papá e o avó. É o maior e máis estirado dos meus irmáns. De cando en ves aínda se sabe divertir. Non leva moito casado e as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira moi formal. Boto de menos cando vivía con nós.” Xocas

Iago

Personaxe | Narrador

“Se cadra ten un punto responsábel de máis pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, pero aínda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.” Xocas

Xiana

Personaxe | Narrador

“É unha muller moderna de máis, empeñada en se queixar por calquera diferensia de trato cos fillos varóis. Ten mala hostia pero cando quere é moi simpática. Media xuventude de Denantes anda atrás dela, mais non se lle coñese moso e iso que xa supera os vinte. É tirando a alta, moi delghada e co pelo liso e claro. Estanlle a ensinar pra carpideira, pero dubido que ninghén queira que lle vaia chorar ó seu enterro. Axuda a mamá e á tía a preparar os cadáveres, fai ramos… un pouco de todo, coma o resto.” Xocas

Ádega

Personaxe | Narrador

“Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. É a máis afortunada por ter caído nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outra labor minimamente artística.” Xocas

Xocas

Personaxe | Narrador

“Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño, ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada; algho o contivo, aínda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; o que non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.” Paulo