A páxina está en fase de remodelación. Os capítulos están operativos. Volve mellor noutro momento.
Extractos do primeiro capítulo

«Nesa gran rocha hai unha inscrición: “Está a piques de se internar en Denantes. Trabucouse na encrucillada.”»

«Coidado, achégase alguén! Disimule, cónteme algo sobre galiñas ou algún deses temas dos que falan por aquí.»

«Atravésaa sen dificultade na pálpebra, cósema á cara xusto embaixo da cella. Podo escoitar con detalle cada puntada: como perfora a pel mentres adhire partículas de ferruxe no ínfimo burato, como corre o fío mentres acada unha cor sanguinolenta.»

Extractos do segundo capítulo

«O que repousa agora na miña palma é a cabeza de Candeloria, cortada con violencia polo pescozo. Zumega un sangue negro e espeso que me escorrega polos dedos. Os ollos, que sobresaen da caveira, e a mandíbula, desencaixada, deformada, amosan un ceno de agonía infinita.»

«Para a familia será un retrato fiel abondo; para min, unha coitelada na ánima, unha traizón. Que feliz podería ser pintando a violencia da morte de Candeloria. Os ósos crebados. A carne esgazada. O ceno do nada. Esa sería a auténtica oda á existencia, non esta farsa emética.»

«—Xusto, a ti como che ghustaría que fose o teu funeral?

—Axiña.»

%

Progreso do terceiro capítulo