Casa dos Egruever
Descrición.
Breixo
«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. A súa enfermidade do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas
Breixo
«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. A súa enfermidade do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas
Iago
«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo pensar que o adoptaron— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas
Lois
«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do pau de papá e do avó. O maior e máis estirado de meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, pero as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas
Paulo
«Papá. Téñolle ese apresio que vai ghravado no sanghe, mais é un repunante. Aghás o de meterme na brighada necrolóxica, o resto das súas acsiois teñen como obxectivo amolarme. Dende que está á fronte da familia é inda peor.» Xocas
Xocas
«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo
Hoxe
«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea
—Rapases, temos que conseghir un camelo pró enterro de Candeloria. Alghunha idea? —preguntou o tío Paulo mentres daba voltas derredor da mesa na que estabamos sentados o resto.
—O burro de Amelia ten máis chepa cá Calista, pode pasar sen problemas por un camelo. —Seu pai soltoulle unha losqueada instintiva a Xocas—. Aaaah! Pareserache ben pegharlle a un eivado?
—Eivado!? Que demo che pasou nese braso?
—Mmmm… coido que xa me doeu abondo o último lapote como pra che contar isto.
—Só temos dúas escollas posíbeis: ou ben un soolóxico, ou ben un sirco —apuntei.
—Nun soo non nos emprestan un dos animais nin de broma. Nun sirco será cuestión de cartos— reduciu Lois as opcións de busca.
—Teremos que ir ver se hai alghún sirco pola sona. Xocas, xa que non nos serves pr’outra cousa, ti virás comigho á sidade, ighual que o Iagho. Alí poderemos informarnos de onde hai alghún. Lois e Breixo, ide pola do tío Lucas e axudaille faser un carriño para que o camelo poida tirar do cadaleito.
—E da brighada necrolóxica? —Intereseime.
—Esqueseivos por aghora, isto xa é lea abonda. Só espero que a ninghén se lle ocorra morrer antes de que deamos enterrado á defunta de Sibrao.
—Non apostaría eu por iso, xa se sabe que a xente desta vila é dun desconsiderado… —O piollo, co ás para matar o tres.