Fiestra
Sibila

Todos os desta narradora

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Oliva

Todos os deste personaxe

«Unha muller maior entreghada ós demais. Sempre se preocupa de que non me falte de nada. Se hai alghún denantés en apertos, sempre é a primeira en acudir.» Sibila

Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Deixémolo en que morreu da morte morrida.

—Que mághoa! —Figúrome o que ha de estar a pasar Cibrao.

—E vostede como se atopa? —Esta Oliva, que riquiña, sempre a se preocupar polos demais.

—Teño días, pero, á nosa idade, unha non pode esperar que non lle doa nada ó ergherse pola mañá… Non si?

—Hehe! Mentres teñamos algho do que doernos, bo sinal será. Quere que lle vaia á prasa ou que lle traia alghunha cousa?

—Descoida, Oliva. Moi amábel, mais non fai falla. Cando te queiras ir, faino con total tranquilidade.

—Ghustaríame pasar pola de Candeloria, ir botar unha man ou inda que sexa un rosario.

—Pois non te demores máis. —Apenas remata de axudar a unha persoa e xa está a pensar en como facerlle o ben á seguinte.

Ninguén pode ser tan bo. Nos seus actos piadosos léselle que agocha algo moi fondo, algo que non se corresponde coa imaxe que proxecta. Sempre sospeitei que se cadra tivo unha relación de índole carnal con Don Brais. Non creo que ningún dos dous estea agora para moitos trotes. Porén, aínda que iso fose certo, e por máis que se prolongase no tempo, non cambiaría para nada a consideración que lle teño. O Primeiro Concilio de Letrán paréceme unha babecada.

Mira quen se cruza con Oliva; gacho ata o punto de nin reparar nela; máis espectro ca persoa. A súa carne macilenta apenas é capaz de conter unha ánima que xa non ten motivo para ficar desta beira da existencia. A observación do estado patético no que se atopa Cibrao retrotráeme ás miñas primeiras semanas de viuvez.