Sinopse: Un actor, abandonado pola súa compañía teatral, vai dar cunha enigmática vila.
«Nesa gran rocha hai unha inscrición: “Está a piques de se internar en Denantes. Trabucouse na encrucillada.”»
«Coidado, achégase alguén! Disimule, cónteme algo sobre galiñas ou algún deses temas dos que falan por aquí.»
«Atravésaa sen dificultade na pálpebra, cósema á cara xusto embaixo da cella. Podo escoitar con detalle cada puntada: como perfora a pel mentres adhire partículas de ferruxe no ínfimo burato, como corre o fío mentres acada unha cor sanguinolenta.»
Sinopse: Tras falecer unha persoa en ridículas circunstancias, en Denantes ándanlle a preparar unha peculiar despedida.
«O que repousa agora na miña palma é a cabeza de Candeloria, cortada con violencia polo pescozo. Zumega un sangue negro e espeso que me escorrega polos dedos.»
«Para a familia será un retrato fiel abondo; para min, unha coitelada na ánima, unha traizón. Que feliz podería ser pintando a violencia da morte de Candeloria. Os ósos crebados. A carne esgazada. O ceno do nada. Esa sería a auténtica oda á existencia, non esta farsa emética.»
«—Xusto, a ti como che ghustaría que fose o teu funeral?
—Axiña.»
Se ledes Vila de Denantes en lectores electrónicos teredes dispoñíbel en breve esta Guía, que funciona ao tempo como guía de personaxes e localizacións e como dicionario. Se premedes no nome dun personaxe ou localización, poderedes ler unha descrición del de boca dalgún veciño de Denantes. Tamén se fornecen descricións de termos propios de Denantes ou palabras galegas de uso pouco común.
A guía irase actualizando coa publicación de cada capítulo (deberedes eliminar a Guía antiga e volver descargar a nova, que servirá para o capítulo actual e todos os anteriores). Se non descargades a nova versión, a guía antiga seguirá a funcionar cos novos capítulos, aínda que non vos dará a descrición das novas personaxes. É sensíbel á gheada e ao seseo: podedes premer en Olga ou en Olgha e obteredes a mesma descrición.
Guía Denantes
Se vas ler algún capítulo sen estar conectado á Internet ou nalgún dispositivo desde o que non che resulte cómodo consultar a sección A veciñanza —no caso de que o precises para situar algún personaxe—, podes descargar a seguir unha pequena guía de personaxes —co mesmo contido da mencionada sección da web—.
Instalación da guía no Kindle
Dende o Kindle
Para instalala dende o propio Kindle, precisas estar conectado á Internet. Abres o navegador, tecleas denantes.com na barra de direccións e fas clic no botón que acompaña á imaxe dos diferentes dispositivos entre os que se atopa o Kindle. Unha vez aquí, non tes máis que picar na icona de descarga. Pedirache confirmación, aceptas e listo. Queda asociada de maneira automática aos capítulos que xa teñas no dispositivo e aos que descargues no futuro. Porén, debes ter en conta que esta guía actualízase decotío e que para ter a última versión debes volver descargala.
A Guía de Denantes non interfire no funcionamento doutros dicionarios que teñas instalados.
Dende outro dispositivo
Tamén podes baixala dende outro dispositivo e enviala ao Kindle a través do cable USB. Cando a mandes ao Kindle, debes situala no cartafol Documents —sen incluíla en ningún cartafol secundario—.
Aínda que podes xestionar os capítulos de Vila de Denantes con programas como Calibre, non os debes de utilizar para enviar a Guía ao Kindle. Se o fas, o dispositivo recoñecerá a Guía como un libro, non como un dicionario. Iso non che permitiría a integración da Guía na lectura dos capítulos.
Actualización da guía no Kindle
Polo de agora, a guía actualizarase coa saída de cada capítulo. Así que será preciso volver a descargala cando se publique un capítulo novo e será válida tanto para o último como para todos os anteriores.
Dende o Kindle
Para
Dende outro dispositivo
T
É preciso o uso da guía para ler un capítulo?
En absoluto. A Guía é unha ferramenta que dá un soporte adicional. En Vila de Denantes intervén unha gran cantidade de personaxes, así que de cando en vez pódeche interesar que che lembren algunha característica dun personaxe para situáreste. Mais podes ler perfectamente todos os capítulos sen ter que recorrer á Guía. A Guía non conta cousas diferentes ás que se transmiten —ou transmitirán— nos diferentes capítulos.