Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Breixo

Todos os deste personaxe

«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. A súa enfermidade do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas

Lois

Todos os deste personaxe

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do pau de papá e do avó. O maior e máis estirado de meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, pero as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Eu sempre sospeitei que ti eras unha muller —espetoulle Lois a Breixo.

—Unha muller? Non ves a barba ou que?

—A miña avoa, que en pas descanse, tiña unha barba moito máis viril ca esa pelux’ de rata que che sae a ti.

—Eu déixovos que estou esgotado. Vou para a cama —interrompín con sinceridade a disputa pueril.

—Vén botar a última, home, que imos comenta-lo filme. Ademais, ti fixéchelo do carallo —Plinio botoume un afago.

—Non, de verdade que estou a caer co sono —dixen mentres me despedía. Amosei o envés da man e pechei un par de veces todos os dedos, agás o polgar, sobre a palma.

Sorprendérame a velada. No canto da proxección atolada que esperaba —coma as anteriores ás que asistira—, con xente a falar, a papar comida de toda clase, nenos chorando e correndo pola sala… os asistentes só abriron a boca nos cambios de rolo. Tiveron un comportamento litúrxico. Van ao cinema como quen vai a misa. Abraiante! Xa me gustaría a min que todas as miñas funcións teatrais foxen tan respectuosas.