Fraga
Descrición.
Actor
«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora
Actor
«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora
Faxildo
«Calvo e con barba. Está cadrado. Renegha do home actual, tan afastado dos animais; compórtase coma eles.» Iago
Hoxe
«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea
Por detrás dun piñeiro apareceu un home calvo e rexo andando en crequenas. Ao me ver, xirou a cabeza. Un ceno curioso repousaba na súa faciana curtida. Sen mediar palabra, foime polas costas e comezou a cheirar con ímpeto o meu traseiro.
—Desculpe… desculpe… DESCULPE!!! Pódese saber que raio anda a facer?!
—De que outra maneira podería saber de quen ves sendo?
—… —Non atinei a articular palabra.
—Seica andas moi lonx’ do teu foghar. Nin es d’eiquí nin tes parentes en Denantes.
—Contra! E eu que pensaba que andaba limpo e perfumado abondo… —Tentei afrontar a situación surrealista con humor.
—O home moderno e a ansia por ocultar a súa naturesa… Así vai o mundo!
Marchou correndo detrás dunha denociña que cruzaba a fraga naquel momento. Perdeuse na espesura do bosque.