Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Landelino

Todos os deste personaxe

«A dos Umbón, unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, está tamén en vías de extinsión; neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.» Galilea

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—… e meteulla polo cu! —O Paporroibo enteiro está sumido nunha orxía de risas—. He, he, he!

—Bos días. Aínda te non recuperaches? Perdoa que cho digha, pero seghes a ter un aspeto horríbel —saudoume Belisario.

—Si, non pasei boa noite.

—Claro, a cama é demasiado dura —dixo Olga.

—Non, a cama está ben, de verdade. Non tivo nada que ver. Vou sentar aquí un anaco mentres esperto de todo.

—… e díxolle: mellor ca ti, papahostias! —Outro coro de gargalladas.

—Estádesvos a escarallar, pero a min estes chistes parécenme malísimos —díxenlle a Plinio, que estaba sentado ao meu lado.

—É que o son. Máis malos cá carne do prepusio dun ghato. Mais xa verás como nun intre che pareserán mellores.

—Olga, que andas a cociñar na lareira? O recendo chega ata aquí! —Intereseime.

—Estou a coser… —Fixo unha pausa a metade de frase, como se lembrase algo—. O-o recheo prás empanadas.

—Ola. —Achegouse un home—. Son Landelino Umbón. Vostede é o actor, verdade?

—Sonlle.

—Sería moita indiscresión preghuntarlle que tipo de teatro fai?

—Non. Sobre todo fago teatro clásico. Xa sabe: Molière, Marlow, Calderón, Shakespeare…

—Chéspir, eh? —Cacho pronuncia ten o paifoco, seguro que non escoitara ese apelido na vida—. O caso é que esta noite estreamos un novo filme en sesión lareta, Ghamlet. Quen mellor que alghén versado na obra de Chéspir, coma vostede, pra le-los rótulos? Ghustaríalle? —Hai un cine nun lugar coma este? Non pode ser.

—Sesión lareta, que é iso?

—A lareta é a sesión prós analfabetos da vila. —Tomou a palabra Plinio—. Ou pra aqueles que non vén un carallo. Lense os intertítulos en voz alta pra que poidan seghi-la película.

—Entón, que?, contamos con vostede?

—Pode ser divertido.

—Olgha, en canto estea lista, mándanos uns anacos de empanada pra selebralo —dixo Umbón.

—… non, mais ghustaríame velas —O Paporroibo enteiro escangallábase.

—Non, mais ghustaríame velas —repetín o final do chiste que acababan de contar—. He, he, he! Que bo! —Este si que estivera simpático.