Igrexa
Descrición.
Landelino
«A dos Umbón, unha das poucas fortunas que quedan en Denantes, está tamén en vías de extinsión; neste caso a través do sinema. É o promotor do Muíño e o que se encargha de conseghir os filmes e coordinar as proxecsiois.» Galilea

Hoxe
«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea
—Tróuxoa?
—Por aquí ha de andar…
—Canto?
—O habitual, nin máis nin menos.
—Pero como de adulterada está?
—O xusto.
—Só me podes ofreser isto?
—Polo momento. Mais tranquilo; ben non a remates, terei nova mercansía.
—Aquí te-los cartos.
—Tanto ghusto. —Persignase mentres fai a xenuflexión contra o altar—. Volverémonos ver pronto.