Praza de abastos
Descrición.
Siña Telesfora
«Encántalle disirlle a todo varón menor de trinta anos que está feito un home. Camiña a paso de caracol, ten os ollos pequechos e o queixo cheo de pelos duros como espiñas.» Iago
Siña Telesfora
«Encántalle disirlle a todo varón menor de trinta anos que está feito un home. Camiña a paso de caracol, ten os ollos pequechos e o queixo cheo de pelos duros como espiñas.» Iago
Heduvixe
«Se caghas un peido un pouco forte xa corre a se fechar na casa. A vella, pequerrecha e con olleiras de moso en San Xoán, ten medo até da súa propia sombra.» Maro
Mendo
«Disían que de pequeno era moi listo, que se había converter nalghén importante, pero non sei como rematou cun posto de verduras na prasa. Hai algho que non me cheira ben neste asunto.» Elixio
Pía
«É unha muller como calquera outra camiño da vellés —parece que ten dez anos máis dos que en realidade ten—. Moi extrovertida —unha puta rexoubeira—. Ghústalle estar ó tanto do que susede na vila —é unha candonga cotilla—.» Oliva
Hoxe
«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea
—Saíulle a cabesa a rebolos.
—Que horror! Víchelo ti? —pregunteille a Pía.
—Non, pero como se o vise. Unha d’alí arriba contoumo de primeiriña man.
—Póñolle algho máis, señora Heduvix’? —dixo Mendo. Inda lembro como hai nadiña se escondía detrás das saias da nai. Mírao agora, todo un home atendendo á clientela, alleo aos ruxerruxes.
—Si, dásme unhas… —Heduvixe é interrompida por Pía.
—E unha morte destas trasas non me estrañaría que fose cousa de malas fadas. Queira deus que non teñamos unha nova vagha de infortunios funestos. —Espero que estea equivocada, inda me lembro da última.
—Aquí tes. —Heduvixe pagoulle a todo correr sen pedir máis nada e marchou sen sequera se despedir. Xa me gustaría a min ter esa enerxía!
—Pero como se lle ocorre!? Sabe ben como é esa muller, tenlle medo a todo canto hai. Ata ten as fiestras tapiadas e só sae da casa pra vir ó mercado e o domingho á misa. Alá vai correndo a fecharse, coa compra a medio faser —Mendo bótalle unha reprimenda a Pía. Non hai dúbida, é todo un home.