Gargalladas fúnebres
Casa dos Egruever
Descrición.
Xocas
«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo
Ádega
«Ten tres anos máis ca min, aínda que sempre tiven máis complisidade con Xiana. É rariña como ela soa: ghústalle calquera forma de arte, a pintura, a escultura e mesmo a poesía, sobre todo se están relasionadas coa morte. Ninghún outro membro tivo máis sorte ca ela de caer nesta familia. O seu pelo é moi escuro e ondulado e levanta pouquerrechiño do chan. Encárghase de fotos e retratos, de ghravar as lápidas ou calquera outro labor minimamente artístico.» Xocas
Breixo
«Entre nós, en realidade é o meu primo favorito. A súa enfermidade do sono dáme pé a unha morea de trasnadas. Ten un pouco cara de parvo. Xa cumpriu vinte e algho, pero non vai atopar mosa na vida. Ghústalle máis un libro que á Ádegha unha decapitasión.» Xocas
Iago
«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo pensar que o adoptaron— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas
Xiana
«É unha muller moderna de máis, empeñada en se queixar por calquera diferensia de trato cos fillos varois. Ten mala hostia, pero cando quere é moi simpática. Media xuventude de Denantes anda atrás dela, mais non se lle coñese moso, e iso que xa supera os vinte. É tirando a alta, moi delghada e co pelo liso e claro. Estanlle a ensinar pra carpideira, pero dubido que ninghén queira que lle vaia chorar ó seu enterro. Axuda a mamá e á tía a preparar os cadáveres, fai ramos… un pouco de todo, coma o resto.» Xocas
Xocas
«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo
Hoxe
«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea
Cos vellos xa deitados e co Lois onda a muller, estamos a falar os primos na sala sobre a xornada de hoxe.
—Pois ó final, nin sircos nin soos, nin conas nin carallos. Demos co condenado camelo nunha representasión teatral: As non sei cantas noites…
—Será unha adpatasión d’As mil e unha noites, unha recompilasión de relatos do oriente. —A Breixo encántalle dar o dato, amosar que é un pailaroco lido.
—Iso, si; noite arriba, noite abaixo. Mañá rematan na sidade e aínda tardarán un par de días máis en partir prá seghinte. Así que a base de moito insistir, conseghímolo pra pasado á mañansiña. Coa condisión de que veña co coidador, un mouriño pequerrechiño coma el só.
—A ver, que, vai unha partidiña ó epitafia? —propuxo Xiana.
—Vamos, elixe —dixo o Iago.
—Primo, vas ti. Como non podía ser doutra maneira, tócache o da defunta. —Xiana estableceu que sexa Breixo o que empece.
—A ver, a ver… «Ri, ri, pero cando espiche Xocas, a miña morte non che ha de parecer tan ridícula en comparación.» —Mediocre, aínda que o resto lle rin a chanza por puro compromiso—. Quenda de Iagho e tócalle epitafiar a Maro.
—Este é doado —quéixase Ádega.
—Vexamos: «Vale, eu estarei morto, pero polo menos non son un parvo do carallo coma ti.» —Si, como se o vise—. Aghora Xocas, a… ó Elixio, veña. —O momento que a concorrencia estaba a esperar con ansia.
—«Non volo creades, en realidade raptáronme Eles. Isto é unha pantomima.» —Escóitanse as risas habituais. Calquera día mexan por eles—. Tócache —dixen sinalando a miña irmá Xiana—, coa Pía mesmo. —Deulle un trago á súa cunca de leite mentres o pensaba.
—A ver que vos parés’, sen máis: «Conta, conta.» —Amósolle a miña aprobación—. Pois a Ádegha, que sei eu, á Aldara!
—Vai: «Así que eran imaxinacións miñas…» —Andamos todos polo chan. A Xiana saíulle o leite disparado polo nariz.
—Pero que escándalo é este?! —Baixou meu pai as escaleiras todo alporizado, cos ollos inchados e un lado da cara medio deformado pola presión contra a almofada—. Pasai prá cama aghora mesmo, que mañá hai moito que faser!