Pluviosa predición

Banco

Todos nesta localización

Pétreo apousento das cachas,
óptimo espazo para enganar o tempo,
testemuña de meteorolóxicas charlas,
lizquente no entretempo e axeado no inverno.

Marías

Todos os deste personaxe

«Están as dúas viúvas dende que me alcansa a memoria. Sempre sentadas no seu banco. A forsa de enghanar o tempo xuntas, son case que a mesma persoa, tanto en aspecto como en personalidade. As únicas conversas que podo lembrar delas son referentes á meteoroloxía.» Leuco

Maro

Todos os deste personaxe

«Linghua de trapo, un carácter do demo e ninghunha persoa á que lle render contas. Ghústame este fulano.» Xusto

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Mariño, se vai saír á noitiña, non lle esquesa colle-la corosa.

—Pero, siñoras, que cona din? Seica non viron o día que vai?

—Vimos, si, mais fághanos caso: contra a noitiña vai vir chover.

—Anda e non me toleen. Se os seus homes morreron pra non as aturar, non vou ser eu quen o fagha sen ter un porqué. Que lles coma a crica un croque!