Ummm, froita!

Fraga
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Maro

Todos os deste personaxe

«Linghua de trapo, un carácter do demo e ninghunha persoa á que lle render contas. Ghústame este fulano.» Xusto

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Á fin unha ánima. Por un carreiro, que se incorpora á senda que estou a seguir, baixa un vello cunha canastra. Voume acercar a lle preguntar se este é o camiño correcto para ir dar ao pobo.

—Desculpe, señor.

—Que raio pasa? —Xirouse—. Hordiá! Un forasteiro!

—Si, poderíame dicir se vou ben por aquí para chegar á vila?

—Vas, oh, vas; vas ben de carallo! A que vila tes pensado ir?

—Segundo unha rocha de alí arriba, a Denantes.

—Pois si que es tan parvo como pareses… Si, seghe por aquí… seghe, seghe… —dixo ao tempo que coa man indicaba que fose todo recto.

—Moi agradecido. Impórtalle que lle faga outra pregunta? —dixen a tentar a sorte.

—Que cona vai mal no teu maxín pra pensar que non me importou a primeira!? —contestou alporizado.

—Eeeh… ben, de calquera maneira, fareina: que é iso que leva aí? —A curiosidade foi máis forte ca o medo que me producía aquel ancián. Descoñecía que eran aquelas bólas albas que levaba na canastra.

—Isto? Isto é risado, unha froita d’eiquí. Proba, rapás, cómese como se fose unha masá. —O antipático vello debuxou un sorriso bondadoso.

—De verdade que me dá un? O certo é que teño algo de fame.

—Pois claro, fillo, ten. Seghuro que non te viras noutra —replicou sen cambiar ese ceno amábel.

—Non, nin sabía da súa existencia.

—Pois veña, dálle unha boa dentada. Na vida probaches bocado tal. —Achegoume un froito.

Trabei e mastiguei con ímpeto naquel exótico manxar, crocante e fresquiño. Ten un sabor peculiar, un tanto forte. A miña lingua… O xantar está a se pór a mal co meu estómago…

—Buuuu… buuuu…. buuuuuaaahhh!

—Foder! Aínda que vas vestido coma un maricallo, hai que recoñeser que tes collois. Manda cona!, botarlle semellante trabada a un risado fresco… Había moitos anos que non vía cousa tal! He, he!

Estiven axeonllado ata que terminei de botar o leite materno. Vai ter razón a pena, tirei para o lado equivocado na encrucillada. Como todo o mundo aquí sexa tan hospitalario coma o vello do demo que a saber por onde andará xa… Pero, no meu estado, non penso poñerme a desandar costa arriba. Baixo ata a vila e que sexa o que Deus queira.

Pluviosa predición

Banco

Todos nesta localización

Pétreo apousento das cachas,
óptimo espazo para enganar o tempo,
testemuña de meteorolóxicas charlas,
lizquente no entretempo e axeado no inverno.

Marías

Todos os deste personaxe

«Están as dúas viúvas dende que me alcansa a memoria. Sempre sentadas no seu banco. A forsa de enghanar o tempo xuntas, son case que a mesma persoa, tanto en aspecto como en personalidade. As únicas conversas que podo lembrar delas son referentes á meteoroloxía.» Leuco

Maro

Todos os deste personaxe

«Linghua de trapo, un carácter do demo e ninghunha persoa á que lle render contas. Ghústame este fulano.» Xusto

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Mariño, se vai saír á noitiña, non lle esquesa colle-la corosa.

—Pero, siñoras, que cona din? Seica non viron o día que vai?

—Vimos, si, mais fághanos caso: contra a noitiña vai vir chover.

—Anda e non me toleen. Se os seus homes morreron pra non as aturar, non vou ser eu quen o fagha sen ter un porqué. Que lles coma a crica un croque!