O que ha de ser…

Casa
Olga

Todos os desta narradora

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Cibrao
Maeloc

Todos os deste personaxe

«Cura novo. Inda non ten os trinta. A modernidade chegha á ighrexa. As mesmas hostias dadas aghora con melena: dende que saíu do seminario non cortou o pelo. Ten sertas ideas que non lle ghustan moito ó tío Brais, mais non deixa de ser un cura, tampouco hai que pasarse co evolusionado do seu pensar.» Xocas

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

A casa está chea de xente: veciños, maioría de mulleres; a tía e irmáns de Candeloria, que rompen a chorar ao verme chegar —mais non porque me teñan un especial aprecio, é costume nos velorios recibir as visitas cun aumento na intensidade dos prantos—; tamén están os fillos, Cibrao e a defunta, no centro da sala, vestida coas súas mellores roupas.

Despois dos saúdos e pésames pertinentes a boa parte da concorrencia, diríxome a Cibrao:

—Ola, Olghiña, como é a vida, eh? Non somos nada.

—Nadiña… —Despois dun silencio sentido, volvo falar—. Trouxen unhas empanadas. Tes que comer algho, isto faise moi longho.

—Non teño ghanas de… —A mirada pérdeselle nalgún dos poucos lugares despexados da sala.

—Xa sabedes cando será o funeral? —Tentei traelo de volta.

—Si, Paulo estivo aquí hai un anaco. Díxome que xa poderá ser pasado.

—Logho, a risada será mañá?

—Nin sequera pensara niso. Non creo que a faghamos, non teño humor pra ela.

—Por iso. Ti cres que Candeloria quere ser despedida só entre bághoas? A risada de primeiras nunca apetese, mais logho un decátase do que reconforta. —Térmolle a man, é como agarrar a dun morto: non ten firmeza ningunha—. As tradisiois sono por un motivo. Déixoche unha caixa de risado na cosiña. —A súa boca estivo a piques de dicir algo, mais son os seus ollos os que falan de resignación, de submisión. Está superado polas circunstancias.

—Creo en Deus, Pai todopoderoso. —Maeloc está erguido ao lado do cadaleito. Da súa man dereita pendura un rosario constituído por unhas contas de madeira de riseira e un crucifixo dourado—. Creo en Xesús Cristo, seu único fillo…