E ese aposto mozo?

Fiestra
Sibila

Todos os desta narradora

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Quen é ese que vén por aí? Trae un andar dificultoso, apenas se ten en pé. Agora que xa está máis preto, vese que non é da vila. Abofé que aparenta un home atractivo, alto, novo, ben parecido. Ten un ar doutro tempo, de galán barroco. Leva unha gorgueira, chaqueta corta de seda por riba dunha camisola frouxa de mangas acoiteladas e unha sorte de saia masculina cunhas polainas. Incluso ese aspecto desvalido que ten neste intre outórgalle o seu aquel. Nunca sopesara a opción de que puidese ser un forasteiro. Visto con certa perspectiva, pode ter incluso as súas vantaxes. Si, é bo candidato.

Benvido á viuvez

Fiestra
Sibila

Todos os desta narradora

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Oliva

Todos os deste personaxe

«Unha muller maior entreghada ós demais. Sempre se preocupa de que non me falte de nada. Se hai alghún denantés en apertos, sempre é a primeira en acudir.» Sibila

Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Deixémolo en que morreu da morte morrida.

—Que mághoa! —Figúrome o que ha de estar a pasar Cibrao.

—E vostede como se atopa? —Esta Oliva, que riquiña, sempre a se preocupar polos demais.

—Teño días, pero, á nosa idade, unha non pode esperar que non lle doa nada ó ergherse pola mañá… Non si?

—Hehe! Mentres teñamos algho do que doernos, bo sinal será. Quere que lle vaia á prasa ou que lle traia alghunha cousa?

—Descoida, Oliva. Moi amábel, mais non fai falla. Cando te queiras ir, faino con total tranquilidade.

—Ghustaríame pasar pola de Candeloria, ir botar unha man ou inda que sexa un rosario.

—Pois non te demores máis. —Apenas remata de axudar a unha persoa e xa está a pensar en como facerlle o ben á seguinte.

Ninguén pode ser tan bo. Nos seus actos piadosos léselle que agocha algo moi fondo, algo que non se corresponde coa imaxe que proxecta. Sempre sospeitei que se cadra tivo unha relación de índole carnal con Don Brais. Non creo que ningún dos dous estea agora para moitos trotes. Porén, aínda que iso fose certo, e por máis que se prolongase no tempo, non cambiaría para nada a consideración que lle teño. O Primeiro Concilio de Letrán paréceme unha babecada.

Mira quen se cruza con Oliva; gacho ata o punto de nin reparar nela; máis espectro ca persoa. A súa carne macilenta apenas é capaz de conter unha ánima que xa non ten motivo para ficar desta beira da existencia. A observación do estado patético no que se atopa Cibrao retrotráeme ás miñas primeiras semanas de viuvez.

Contemplando os confíns da alma

Fiestra
Itamar
Itamar
Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Onte

Todos neste tempo

Descrición

É unha estancia pequena, sen máis iluminación que as raiolas crepusculares que se coan pesarosas a través da fiestra. A súa silueta preséntase a contraluz, sentada derriba dun tallo a un par de varas da ventá, lonxe abondo para só poder contemplar o horizonte, o infinito.

—Señor Fonsabido, non se tiña que moestar.

—Non é molestia ninghunha, ó contrario, dende que me xubilei pouca cousa teño que faser no día. Como o leva?

—Tirando… —Xirouse contra fóra coa mirada perdida.

—Eu quedei viúvo tamén moi novo, incluso máis ca vostede; inda que fosen outros tempos. Non é unha visita de compromiso, así que non tente reconfortarme. Sei do seu pesar, que o procure aghochar non fará que me preocupe menos. —Mírame, os nosos ollos coinciden un instante; non di nada, mais parte da súa dor descansa agora nos meus ombros. As palabras non son precisas.

—Un día fermoso, non si? —dime volvendo fitar a paisaxe.

—Abofé, tan fermoso coma tantos outros. Ighual de idéntico. Alleo ó bulir da xente, impertérrito perante as nosas ledisias e desghrasias.

Dúas horas pasamos na escuridade sen nos dirixir a palabra. Do solpor ao lusquefusque, do luceiro da tarde a un horizonte estrelecido. Antes de marchar, biqueina na meixela esquerda ao tempo que unha delicada e arxenta bágoa nacente tremelucía no seu lacrimal.

Derradeira excursión

Fiestra
Sibila

Todos os desta narradora

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Sibila

Todos os deste personaxe

«Dende que enviuvou non volveu saír da casa. Está aí día tras día, diante da fiestra, a contemplar o bulir de Denantes. A xente que a vai visitar é o único contato que ten co exterior.» Binucho

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

Non dou creto. Polo alto da rúa comeza a asomar o cortexo fúnebre, encabezado por un enorme camelo que camiña vagaroso. Malia a atmosfera lutuosa que rodea o acto, ás beiras do camiño os petís enredan ansiosos á altura da besta. Nunca antes se vira algo así na vila. O corpo de Candeloria ha de ir nese coche do que turra o animal, un carro escuro e pequeneiro, o xusto para portar o cadaleito. Está escoltado por seis homes rufos que se desprazan en paralelo, tres de cada banda. É difícil dicilo aínda, mais semella unha procesión multitudinaria. Moita roupa de domingo e unha cadencia solemne. De cando en vez algún salouco das carpideiras acada o suficiente volume para traspasar a miña xanela e conseguirme arreguizar. As Egruever son boas; boas de verdade.

Ao pé da rúa, uns cantos veciños esperan a que pase a compaña, talvez para a ollaren de preto, se cadra para unírense. As súas facianas amosan un amplo espectro de emocións: tristura, respecto, curiosidade, incluso unha pode percibir nalgún deses rostros unha sorte de perversa ledicia pola ruptura da monotonía.

O coche fúnebre comeza a aumentar a súa velocidade de avance. En consecuencia, sen se decatar de que o carro se desprendeu do animal, o séquito formado polos seis homes e a meirande parte do resto da procesión mudan o seu andar pesaroso por un cada vez máis lixeiro. Acadan unha estampa de hilaridade lóbrega. O propio camelo queda xa atrás. Os cabaleiros suxeitan os chapeus mentres corren tanto como dan de si os pulmóns. Non lle hai que facer. O vehículo viaxa ao alén cunha présa sobrehumana.

Algúns individuos proseguen moi atrasados coa persecución estéril. Os demais amosan o espanto e a resignación á súa maneira: algunhas mulleres choran, outras gritan desesperadas, hai quen se botou derrotado ao chan, quen permanece conxelado fitando o destino do ataúde bulideiro… Como se dun vehículo tripulado se tratase, o cadaleito describe unha perfecta viraxe no seu descenso perante a atónita concorrencia. Avanza alíxero o trazado do camiño. Alertados polos berros, os veciños que inda permanecían nas súas casas saen a ventás e balcóns. Eu mesma, despois de semanas sen sequera abrir a fiestra, asomo a cabeza a través dela ao superar xa o carro a miña posición. Son incapaz de conter a curiosidade polo destino de Candeloria.

Agora diríxese a un grupo numeroso que agardaba na rúa, mais a esta velocidade non poden facer outra cousa que apartárense da traxectoria. Só hai un final posíbel para a endiañada travesía, e non será agradábel. Vai dereitiño á casa de pedra que fai esquina. A colisión non ten remedio. O impacto contra o muro exterior é aínda máis terríbel do que esperaba. O cadaleito esnaquízase e o corpo de Candeloria sae disparado. Remata con violencia na copa do limoeiro que hai plantado no quinteiro, mais a cabeza toma un rumbo propio. Durante o voo, o tempo frea o seu avance ata case se deter. A cachola viaxa a rebolos coas miradas de todo Denantes chantadas nela. O pano do pelo non tarda en se soltar; descende livián. A testa penetra polo medio e medio dunha das fiestras da casa. Escacha o vidro en mil anacos.

Nos primeiros intres a estupefacción dos asistentes a tan macabra representación supera o pavor. Non son capaz de lembrar o propietario desa casiña, queda fóra do alcance da vista cando estou sentada trala xanela. Mais cando apenas empezo a facer memoria, ábrese a porta principal e sae a todo correr unha figura esbrancuxada cos músculos da faciana contraídos polo terror. Ao pasar embaixo da árbore, as pólas ceden, o cadáver cae enriba da rapariga. Rematan ambos corpos estrados, inertes, un derriba do outro. Transcorridos uns segundos, e sen que ninguén fose capaz de reaccionar, un deles recobra vida. Por fortuna, é o que conserva a cabeza. Aldara záfase da defunta dunha abraiante apuxada e apela aos pés. Foxe rúa arriba, descalza e en camisón, mentres se esgorxa.