Praia
Candeloria
Candeloria
Cibrao
Onte

Todos neste tempo

Descrición

—Quen mo ía disir… Des que apenas me puiden ergher sobre as miñas perniñas, soñei co que habería alén do vasto oséano: a xente tan diferente que coñesería, de distintas crensas e rasas, os monumentos colosais que me deixarían sen alento, plantas e bestas das que nunca oíra falar… Canto te envexei ó me cheghar aquela carta! Que acababas de montar en camelo en África, disíasme… Canto fantasiei de cativa ó ler aquelas novelas de aventuras. Eu a explorar o deserto, safándome de escorpiois e cobras mentres derriba dun camelo percorría as marabillas sentenarias leghadas por outras culturas… Xureime que non morrería sen montar nun, sen vivir as miñas propias andansas. Non ía ser como o resto de mosas: sen máis aspirasiois que criaren os nenos e compraseren o marido… E mírame aghora: tombada na praia do meu Denantes natal do que xamais saín, felís por me comprometer co home que amo, disposta a sacrificar a miña aventura por unha familia… —Non teño claro que Cibrao me estea a escoitar unha palabra. Non parou de me apalpar as pernas. A espera ata o día da voda está a lle ser demasiado dura. Tampouco é que eu non deveza por satisfacer as necesidades da carne, mais fago por me conter.

—Se cadra podes te-las dúas cousas… —Vaia! Seica algo de sangue si lle chega aínda ao cerebro.

—A que te refires? —preguntei esperanzada.

—Non sei cando, mais comprométome a te levar a montar en camelo. Inda temos a vida enteira por diante. —Por algo o amo. Os nosos beizos xúntanse con paixón.