Casa
Plinio

Todos os deste narrador

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Cibrao
Iolanda

Todos os deste personaxe

«Seica non lle resultou doado collerlle o pulso á familia. Aghora é unha choradeira máis ca desente e xa está habituada a convivir coa morte. Que vou disir do boa que é, son seu fillo.» Xocas

Isadora
Lois

Todos os deste personaxe

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do pau de papá e do avó. O maior e máis estirado de meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, pero as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Plinio

Todos os deste personaxe

«É bo rapás, aínda que un pouco parado. Temos a afecsión común da lectura. Leva unha barba moi curta e ghústalle portar chapeu.» Breixo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Xa estamos aquí. Onde deixamos o cadaleito? —dixo Lois ao entrarmos pola porta.

—Aí mesmo. Túa irmá está aghora pintando a Candeloria. É mellor non interrompela. Xa o subimos nós despois. —Iolanda estaba a agardar, sentada nunha das cadeiras situadas na sala, a que Ádega rematase.

—D’acordo. Eu vólvome, entón, que hai moito choio. Plinio, queres que che aserque á casa?

—Vai de aí, se son tres pasos! —Camiñar non é que sexa o meu pasatempo predilecto, mais coa présa que leva non lle vou dicir que si, que me achegue aí ao ladiño. Ademais, andar, o que se di andar…

—Deica logho —despídese das súas familiares erguendo a man esquerda—. Acompáñoo no sentimento —diríxese a Cibrao.

—Pero pasa, home. Vai botarlle un ghrolo á cosiña ou comer algho —convidoume o viúvo.

—A verdade é que… —Asomouse unha moza dende a cociña cando estaba a piques de declinar o ofrecemento.

—Unha cunquiña do caldo que nos trouxo Oliva? —preguntou cunha voz doce.

—Non teño fame. —Rexeito ao tempo tamén coa man a invitación. Aínda que xa me estou a arrepentir de estragar a escusa perfecta para coñecela.

—Unha tila? —Tenta coas bebidas.

—A unha tiliña non che vou disir que non. —Si, é unha infusión que non soporto. Estame ben por parvo!

Na cociña só está ela. Aínda que, pola louza, semella que cheguei por casualidade nun momento de relativa tranquilidade que non é probábel que se vaia repetir antes do enterramento.

—Senta. Aghora cha poño. —Ao se xirar, reparei nunha incipiente barriga materna. Xa dicía eu que…—. Entón, es un dos Eghruever?

—Non, nin sequera traballo na carpintaría. Pasaba por alí e, como estaban moi atafeghados, boteilles unha man pra aserca-lo ataúde.

—Ghrasiñas, logho.

—Non hai de que, collíame de camiño. —A ver de que falo eu agora…

—Estache ben de temperatura?

—Eh… si, si, así está perfecta. —Perfectamente noxenta.

Aínda que ela semella tranquila, como se agradecese que non lle recordasen o suceso durante un anaco, o silencio non me está a resultar cómodo. Meu Deus, que mal se me deron sempre as conversas de cortesía… Xa sei!, o cativo.

—Que tal levas o embaraso?

—Pra se-lo primeiro, non está a ser complicado. Apenas tiven náuseas e antollos. O peor está a se-la soidade. A última ves que vin a meu home foi o día da semente; anda embarcado —dixo cun pouso de amargura—, e aghora co de miña nai… Era un ghrande apoio. Non sei como o hei de soportar en diante. Enténdeme, tirarei como sexa, pola criatura, mais todo será diferente por aquí; moito máis duro. Sabes que? —Inspírolle confianza.

—Dime.

—O xeito de ocorrer todo, en serta maneira, reconfórtame. —Incluso nestas situacións, con outra persoa abríndome o seu corazón, non son capaz de deixar de imaxinarme a reacción que tería o meu interlocutor se digo ou fago cousas inesperadas—. Porque xamais fun capás de faserme á idea de que miña nai ía esmoreser. Non podía imaxinala confinada nunha cama, morrendo un pouco cada día ata o fatal desenlase. —Se lle dese un bico na boca agora mesmo, que faría? Incluso aínda que lle gustase, e por máis que se lle note que o seu matrimonio non vai ben, non me seguiría a corrente. Inda que se sentise agredida, dubido que me soltase unha labazada. O máis probábel é que non soubese como reaccionar, que me fitase cos ollos ben abertos e a mente colapsada, agardando a que eu abandonase a habitación ou, en último termo, acabaría por facelo ela—. Pra ben ou pra mal, ela era unha persoa peculiar. A súa morte non podía ser convensional, tiña que ser algho inesperado; espectacular incluso. —E se lle metese un dedo no nariz?

—A vida con ela había de ser moi interesante.

—Sen dúbida que o era. Sempre o foi. —Estivo a piques de revivir unha anécdota que no último momento decidiu gardar para si. Apóstome a que se me botase un peido, ela faría coma se non se decatase—. Non podo deixar de pensar que meus irmáns e mais eu eramos unha cadea que a mantivo toda a vida suxeita a Denantes, cando ela non pertensía a este lughar. —Aínda que dese a sensación de que xa estaba seca, os ollos, chantados dende hai un bo anaco no lume da lareira, comezan a ameazar arroiada—. Así e todo… —Parece que se decatou a tempo de frear as bágoas, mudou o ceno para contelas—. Así e todo, levar un bebé no interior é unha sensasión marabillosa. —A de facercho aposto a que tampouco ha de estar mal. Non puiden reprimir unha mirada libidinosa aos incipientes peitos lactantes—. Conto os días que faltan para poder ve-la súa cariña. —Pero que carallo vai mal contigo, rapaz? Arrubieime ao imaxinar que pensaría calquera ao saber o que me está a pasar pola cabeza perante unha moza preñada doutro home, desfeita pola morte recente e traumática de súa nai.

—Ti xa es pai? —preguntoume.

—Pai?, por non ter, nin teño mosa.

—Pois xa me estraña, sendo tan riquiño. —Abofé que por este camiño non me han de baixar as cores.

—Moi rica e relaxante a tila. —Mentireiro!—. Vou ir indo. —Despedinme mentres os seus ollos aumentaban un chisco o nivel de melancolía.

—Impórtache se te acompaño un anaco? Presiso un pouco de aire pra coller forsas pró que vén.

—Non, como vexas. Dende logho que non me importa. —EN ABSOLUTO!

Ao saírmos pola porta da cociña, cun contido e estúpido sorriso na miña face, cruzámonos con Oliva, que xa regresa cunha cesta á cabeza.

—Marchas, nena? —Deducín que se refería a Isadora.

—Estou algho mareada, vou ver se cun ambiente menos carghado se me pasa.

—Si, hache de caer ben. Eu vou preparando unha masela pra cando volvas. Axudarache a asentar o estómagho. —Que de bondade concentrada nun corpo tan miúdo!