Un gran favor

Casa dos Egruever
Menandro

Todos os deste narrador

«Dende que papá se puxo á fronte da familia, o avó relaxou un pouco e acostuma poñerse do lado dos netos. É o máis comprensivo coas miñas falcatruadas. Non herdou o pelo de seu pai, está medio calvo; e cando digho medio, quero disir que non ten un só pelo no medio da cabesa.» Xocas

Cibrao
Menandro

Todos os deste personaxe

«Dende que papá se puxo á fronte da familia, o avó relaxou un pouco e acostuma poñerse do lado dos netos. É o máis comprensivo coas miñas falcatruadas. Non herdou o pelo de seu pai, está medio calvo; e cando digho medio, quero disir que non ten un só pelo no medio da cabesa.» Xocas

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Non tiña que se acheghar at’eiquí, encarghámonos nós de todo. Candeloria terá o mellor dos enterramentos. Xa nos dixo súa filla que lles ghustaría lembrala cun retrato. Verá como miña neta conseghe pintala tal e como era. Ten moito talento.

—Quixen vir en persoa porque lles teño que pedir un favor, o meirande que lle pedín a ninghén. —Conforme vai falando, os ollos vánselle enchendo de bágoas—. Vivín os mellores trinta anos da miña vida ó lado desa muller: deume tres fillos que quero con loucura máis á Pauliña, que seghuro que a terá aghora en brasos, e sempre contou co meu amor incondisional; pero hai algho que lle debo. Unha débeda contraída moitos anos atrás que non lle paghei en vida, coa que terei que carghar durante toda a miña viuvés. Non será o mesmo, ben o sei, pero quérolle cumprir o soño inda que sexa aghora. —O beizo inferior tremelícalle sen control.

—Tentarémolo. Só díghame cal era a promesa.

—Prometinlle que ía levala montar en camelo; a vivir unha aventura. Por favor, Menandro, sei que é unha tolería o que lle estou a pedir. —Púxose de xeonllos e termoume da man para continuar—. Mais estou eu mesmo ó bordo da tolemia. Foi todo tan ridículo, tan inxusto! —Ata aquí chegou a súa resistencia ao pranto—. Préghocho! Axúdame ti a cumprirlle a ilusión da súa vida! Que parvo fun!, que miserábel! Incapás de comprasela por unha ves… —A súa voz apagouse de todo entre saloucos.

—Tes a miña palabra de que imos faser todo que estea na nosa man. Vai prá casa, pasa este momento cos teus. Non te preocupes de máis nada. —Xa bastante nos imos ter que crebar nós o maxín na procura da besta exótica… Érguese e fúndese comigo nunha húmida aperta.