«Se cheghiches ata eiquí, xa tes medio camiño feito. Felisita os mestres da túa nenés da miña parte; eles non teñen nada que ver no teu fracaso.» Maro
De que vai isto?
«Eiquí nárrase a miña vida. Dáse conta de como son o único que se decata da ghrande conspirasión que se serne sobre Denantes. De cando en ves cóanse as insulsas vivensias dos meus iñorantes e coitados paisanos.» Exildo
Formato
«Como nos seriais de Feuillade, a narrasión vertébrase en entreghas.» Perfeuto Peringallo
División
«A fragmentasión, de feito, vai alén. Cada capítulo, que conta unha historia autoconclusiva, divídese á súa ves en anacos máis pequenos que poderiamos chamar relatos.» María
Orde de lectura
«Ó ser unha narrasión con tantísimos personaxes, a comprensión sempre será mellor conforme se vaian susedendo os capítulos. Porén, poderase ler Denantes en calquera orde. En boa lóxica, esta posibilidade de ler aleatoriamente a serie obrigha a que cada relato teña serta entidade propia.» María
Opcións adicionais de lectura
«Vostede non poderá só ler Denantes da forma natural, seguindo a cronoloxía dos capítulos, ou de maneira aleatoria. Se as tramas non lle resultan interesantes, mais si certos personaxes ou as situacións que transcorren en determinados lugares, pódeas seguir a través das etiquetas.» Lord William Michaelson
Tipos de etiquetas
«Ó comeso de cada relato podes atopar unha fermosa variedade de etiquetas que serven para situalo. A primeira que verás será a da localisasión, o nome do lughar no que transcorre a asión apareserá sobre un fondo verde. A continuasión, se o houber, virá o nome do narrador, nunha caixa seleste. Sobre asul, os personaxes que interveñen no relato, que poden incluír tamén o narrador de novo. Por último, a etiqueta temporal vai nun cadro maxenta. Tódalas caixas son despreghábeis e inclúen un vensello para ver todos os relatos con esa etiqueta, amais dunha descrisión da que podes faser uso se o presisas.» Belisario
Entón non existe continuidade entre os capítulos?
«De feito, si hai serta continuidade, mais noutro sentido. Seghundo vaiades coñesendo os habitantes de Denantes, a vosa perspectiva mudará ou comprenderedes realmente o porqué de sertas situasiois en capítulos anteriores. Aínda que é iso simplemente, unha cuestión de (des)coñesemento.» Landelino
Esconde algo a vila?
«Xa sabedes que a min non me ghusta meterme onde non me chaman nin andar con dixomedíxomes, pero esta vila pecha seghredos. Moitos seghredos. Cousas feas. Feismas. Moitos teñen que calar, de que se averghoñar.» Pía
Quen narra as historias?
«Como calquera forma de expresión que meresa ser resibida, tódalas historias en Denantes son contadas subxectivamente. Ben por un personax’ que forma parte da acsión, ben por un que a está a observar. Desta maneira, tódalas narrasiois falan ó tempo dos personaxes que interveñen e da maneira de ve-lo mundo que ten o narrador. Fermoso, non si?” Leuco