Casa dos Egruever
Lois

Todos os deste narrador

«O salto xerasional afortunadamente suavisou a cousa, mais é do mesmo pau que papá e o avó. É o maior e máis estirado dos meus irmáns. De cando en ves inda se sabe divertir. Non leva moito casado, e as súas formas xa tenden á curva. Leva unha barba ben arranxada e viste de maneira moi formal. Boto de menos cando vivía con nós.» Xocas

Lois

Todos os deste personaxe

Xocas

Todos os deste personaxe

«Non sei a quen saíu. A idade non lle trouxo o sentidiño. Ten desaseis anos e seghe a pensar todo o día en ghastar bromas, case que todas elas pesadas. Por iso, a medida que medraba e as súas trasnadas se ían acheghando ó limiar do delito, tentei controlalas meténdoo na brighada. Algho o contivo, inda que me dá no narís que non será abondo. Pode creser un pouco, mais parés’ que quedará pequeno; o que non lle importa, ó contrario, así pode ghabear e aghocharse en todo sitio canto hai.» Paulo

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

O fogar. Unha mañá tranquila. Tempo para descansar, sentarme a ler, ou mellor, pechar os ollos e escoitar medrar a herba. Agora, Deus, só che pido que ao abrir esta porta non haxa sorpresas: ningunha morte por un día. De verdade que preciso deste descanso.

—Boas! —saudei a meu irmán menor.

—En serio? —Xocas, sentado á mesa da sala, comeza a correr cara a fiestra e lánzase a través dela axitando os brazos—. CABROOOOOOOÓN!!!!!!!!!