Branco mortuorio

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Abisinio

Todos os deste personaxe

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Galilea

Todos os deste personaxe

«Volveu de África non hai moito cun par de fillos. É nai solteira e ten unha atitude impropia dunha muller: sempre fala con moita aghresividade e está decote na barra da taberna. Atea e amante da siensia, que pra ela todo o pode esplicar; si, é unha iñoransia como outra calquera.» Pía

Lito

Todos os deste personaxe

«Superstisioso e aghoirador, coñese toda lenda canta hai; e créeas todas.» Belisario

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Xuli

Todos os deste personaxe

«É o fillo maior da Ghalilea. Neghro como unha noite, fraco como unha vimbia e inda que só ten un ano máis ca min, xa é tan alto coma meu pai. É bastante reservado. Ghústalle moito aprender sobre calquera cousa. Mira que corre o cabrón!, máis ca calquera outro na vila. Mellor non falar do tamaño da súa pirola…» Fuco

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Cacho cariña me traes! Non che sentou ben o ar fresco, ou?

—Ponme unha, Belisario. Non ides crer o que acabo de ver aí fóra. Coido que debo de estar aínda intoxicado polo risado, porque xa antes na fraga vira cousas estrañas, pero o de agora…

—Non ghomitaras o risado? —preguntoume Abisinio, un dos vellos habituais d’O Paporroibo.

—Home, non había quen tragase aquilo, pero supoño que algo chegou ó estómago e logo ó sangue, porque estas visións…

—Cando eramos novos, unha das tolerías que fasiamos era ver quen papaba a maior cantidade de risado fresco. Claro que nunca cheghamos a traghar nin un anaco que non saíse axiña coa sena do día anterior. Porén, ninghún de nós tivo nunca visiois.

—Non me parés’ tan estraño que tivese alghún episodio alusinatorio polo risado que papou na fragha. Tede en conta os efectos do risado ó coserse na pota. Unha trabada en cru ten que ter tal consentrasión desa substansia que non sería raro que unha persoa pouco habituada a el, nada neste caso, se vise afectada ata ese punto. Da mesma maneira que os efectos dun viño nalghén que nunca bebeu son moito máis fortes que noutro acostumado. Alghén así podería cheghar a se emborrachar cunha pequena cantidade. —Entrou na conversa unha muller alta, fraca pero atractiva, de verbo fácil e con moita seguridade nas súas palabras.

—Se o dis ti, Ghalilea, créoo. —Belisario confiou na palabra da muller—. E logho, que foi o que viches aí fóra?

—Supoño que xa non ten moito sentido, pero, en fin, de primeiras pensei que se trataba dun home. Era unha figura enxoita: vestía uns zapatos lustrosos, un chaleco a cadros e un fungo do que escapaban unhas longas gadellas. O curioso é que, aínda que tiña mans de persoa, a cara era a dun esqueleto. O caletre ás veces xog… —Unhas vellas sentadas nun dos fondos comezaron a se persignar cun ceno de profundo espanto. O Paporroibo sumiuse nun estrondoso silencio.

—Mi madriña! Era o Mandado. Deus nos asista! —dixo Lito para botarse a continuación con desolación sobre a barra coa fronte apoiada na man.

—O que?

—O Mandado da Crebandoughada —continuou incorporándose de novo—. É o servinte dun monstro que vive no monte, no máis fondo dunha escura cova. De cando en ves, o Mandado, que é tal e como o describes: leva sapatos de charón, un chaleco a cadros, unha cadea dourada e uns fíos que sobresaen dos petos, ademais das crenchas cubertas polo fungho e a cara de esquelete a pesar das mans de persoa; baixa á vila e leva a alghén con el. Unha ves alí, coa persoa sedada, a Crebandoughada ábrelle o bandullo e comesa a comer nel. Cando remata, o Mandado cose a ferida cun fío máxico que non deixa sicatrises. A persoa, sen se lembrar de nada, reghresa á súa vida habitual. Aínda que morrerá en poucos días! —Un calafrío percorreume o espiñazo.

—Vaia… e que é o que lle come o monstro? Como é posíbel que a persoa siga vivindo? —intereseime.

—Cómelle as tripas —dixo Senén.

—Serás animal! Se comese as tripas como ía seghir vivindo ninghén, cómeche un ril —corrixiu Abisinio.

—Cun só ril funsionando, pódese faser vida normal. Que llo dighan á tía deste! —Galilea botou por terra o dito por Abisinio.

—Nin o un nin o outro. Enghole case toda a ánima —prosegue Lito.

—Home, claro, porque a ánima esta aí, xusto á dereita da visícula. Non che digho! —Abisinio de novo.

—De calquera maneira, sempre que se viu o Mandado, finou alghén ós poucos días. Non ten por que ser a persoa que o viu, porque un nunca sabe cando é levado polo Mandado. Non pode lembrar esa parte. Mais sempre hai alghén que a espicha. Así que, polo que nos contas, sabemos que alghún de nós ha de morrer. Se cadra non vas ser ti, botaches fóra pouco tempo. —Menos mal. Pode soar un pouco egoísta e miserábel, porque se non son eu, será outra persoa; pero supón un alivio. Nunca crera en monstros. Unha tarde en Denantes abonda para facer medrar a dúbida en min.

—Non sexades túsaros! Estamos xa no século XX e seghides con estas lilainas. Os monstros, os espíritos ou os deuses non existen. Tanta trapallada é o Mandado coma a Crebandoughada, Xesús Cristo coma a Santa Compaña. Por suposto que o actor viu iso na fragha, el mesmo nos confesou antes estar baixo a acsión do risado sen cosiñar, de ter sufrido alusinasiois…

—Claro, e que casualidade que xusto un home que vén de fóra, que endexamais estivo aquí, describa con presisión o Mandado. Admite que non hai explicasión pra isto. Tes que aseptar as evidensias. Hai cousas que escapan ó control da siensia —interrompeuna Lito.

—Pero que dis? Escoitaríavos a alghún de vós a historia cando estivo eiquí, aínda que non fose de maneria consiente. —Neguei coa cabeza—. E o seu maxín, baixo os efectos alusinóxenos do risado e suxestionado pola historia, transformou un transeúnte calquera no Mandado. Dinos, que outras visiois tiveches na fragha antes de cheghar?

—Pois… —Hanse rir de min, pero prefiro a explicación científica e racional a que un monstro me puidese ter aberto en canal—. Ía eu pola fraga e vin un cativo detrás dun piñeiro. O raro, e por iso sei que foi unha alucinación, é que o rapaz era negro.

—Máis ou menos da cor de meu fillo? —replicou Galilea sinalando unha mesa onde estaba sentado o rillote que vira na fraga. Levántome e achégome a el.

—Pero se cando te atopei na fraga e che preguntei se falabas o meu idioma, saíches correndo despois de dicir unhas palabras en lingua estranxeira.

—Ti viñeches berrando coma un tolo e usando infinitivos: «ENTENDER MIN. FALAR MEU IDIOMA?». Que esperabas que che respondese? «Si, ou cando menos unha variedade dialectal con conxughasión verbal», deixándote coma un pailán!? Pois dixen unhas verbas sen significado, similares á idea que habías de ter d’alghunha linghua africana. Ves?, fíxeno pra que non se che prendesen as fasulas como aghora as tes.

O canto das gaivotas

Paporroibo
Actor

Todos os deste narrador

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Actor

Todos os deste personaxe

«Estranxeiro que entúa en óperas de teatro. Está de visita en Denantes.» Siña Telesfora

Belisario

Todos os deste personaxe

«Bili é o que nos pon os viños n’O Paporroibo. Aghás prá empanada, que sempre a fai Olgha, ten boa man coa cosiña. É moi tranquilo; moito lle hai que tocar os pés pra que saque o xenio. O pelo que lle falta na cabesa teno no corpo. Sempre anda en manghas de camisa. O seu ghran ésito como taberneiro débese a que sabe escoitar.» Abisinio

Binucho

Todos os deste personaxe

«Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.» Níscaro

don Primitivo

Todos os deste personaxe

«É o médico da vila. Alto, robusto e co pelo neghro. É o único que sabe realmente a ghravidade dos meus males, inda que ma oculte co fin de non me preocupar.» Aldara

Iago

Todos os deste personaxe

«Se cadra ten un punto responsábel de máis, pero é dado ás bromas. Casará máis pronto que tarde, mais inda vive na casa familiar. Son xa vinte e tres anos, un menos ca Lois. Ten o pelo castaño —de máis novo era louro, o que sempre me fixo desconfiar que fose adoptado— e é fraco coma un fiúncho.» Xocas

Níscaro

Todos os deste personaxe

«Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita. Lévao ó ar. Sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.» Belisario

Olga

Todos os deste personaxe

«Fai a mellor empanada de risado da vila, e, por extensión, do universo. Consérvase bastante mellor ca Bilisario, seu home. É de mediana estatura, xenerosa en curvas e ten o pelo inda neghro e peiteado en coleta. Viste sempre o mandil.» Abisinio

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—Pero que demo che aconteseu!? —preguntoume Olga nada máis entrar pola porta—. Don Primitivo, acúdalle aquí!

—A ver, déixame botarlle unha ollada, fillo. —Retiroume a gorgueira coa que estaba a tentar conter a hemorraxia—. Non é gran cousa, aínda que si aparatosa por todo este sangue. Toupeira, dáme unha botella de licor de herbas da casa. Olga, non tes por aí agulla e fío? —Vaia, home, o que faltaba.

—Aquí ten, Don Primitivo.

—Toma, rapaz, pégalle un bo grolo. —Pero que raio!, isto é fortísimo.

Esteriliza os utensilios coa propia caña, que tamén utiliza para desinfectar a ferida. Hai que ver como proe! Aperta ben cos dedos a físgoa da fronte e comeza a suturar. A rememoración do episodio noitébrego faise ineludíbel. Volvo sentir con sensibilidade extrema as puntadas. Son incapaz de conter o frémito que ergue cada cabelo do meu corpo.

—Tres abondan. Non che debería quedar apenas marca —dixo mentres me poñía unha venda na fronte, suxeitada ao redor da cabeza cun par de voltas e un nó preto.

—E logho, que foi desta ves? Calamidade! —preguntou Belisario.

—Algo raro… para variar. Saín da igrexa e, xa no patio, algo caeu dende o ceo e bateu con violencia contra a miña fronte. Desorientado e co sangue a escorregar con profusión pola cara, cheguei á porta do cemiterio. Alí había unha moza de aspecto cadavérico que, tralo sobresalto inicial, pechou os ollos para cotenar comigo a toda velocidade. —A man acode a cubrir o costado con só lembrar o incidente.

—Así que Aldariña tirou contigho? —dixo Iago cun amplo sorriso—. É pouquiña cousa, miúda, esbrancuxada, parés’ que se vai romper ó mínimo gholpe, pero cando está aterrada…

—Sei que foi o que lle deu na cabesa —interveu Binucho.

—Que vas saber ti? Xogha, anda, xogha —Níscaro instouno a que seguise coa partida.

—Foi un mexillón. —Si, claro, os míticos mexillóns voadores de Denantes—. As ghavotas cóllenos nas rochas e pra abrilos soben unhas dusias de metros, ñññññi!, e sóltanos pra que se esmaghen contra o lastrado do patio da ighrexa e así poderen comer neles. Tivéche-la mala sorte de pasares por alí nese intre.

—Ññññi? Pero que carallo é ññññi?! —replicou Senén.

—O son que fan as ghavotas.

—Ti non viches unha ghavota na puta vida. —Entrou Abisinio tamén na conversa.

—Claro, como se houbese poucas aquí! Ademais, vin miles delas xuntas cando andaba ó mar.

—Pois non se nota. As ghavotas fan aaaaaaauaaa! —replicou Abisinio.

—Pero que van faser así, fan ññññiaaa! De sempre —expuxo a súa onomatopea Senén.

—Xoghai dun carallo dunha ves. A quen cona lle importa como faghan as ghavotas. — Níscaro estaba empezando a se desesperar—. Binucho, a puta que te pariu! Tiñas ese tres e antes xoghaches copas?! E, ademais, é guañññ!

Ventosa quietude

Paporroibo
Absinio

Todos os deste narrador

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Abisinio

Todos os deste personaxe

«O meu compadre. Un retranqueiro coma min. Ten familia, pero como se non a tivese. Pasamos o día enteiro n’O Paporroibo. Os anos non caen en balde, ten que se axudar cun caxato pr'ir da taberna a casa e da casa á taberna. Non é moi culto, os libros nunca foron o seu, pero ten moito mundo.» Senén.

Binucho

Todos os deste personaxe

«Hai quen ten que convivir coas hemorroides, a min tocoume apandar con Binucho. Se Senén e Abisinio teñen alghunha opsión de ghañarnos, é porque por moitos anos que pasen el seghe a xoghar como o cu.» Níscaro

Níscaro

Todos os deste personaxe

«Ten unha lixeira ludopatía; pra el non existe nada alén das cartas. Hai anos que ten un ollo ghrolo polo bico dunha pita. Lévao ó ar. Sempre di que lle veu estupendo pra xoghar, pois ninghén lle mira á cara.» Belisario

Senén

Todos os deste personaxe

«Sempre nos entendemos ben. É un pouco máis novo ca min, mais estivemos moitos anos embarcados xuntos. Non se lle dan mal os naipes. De moso tiña unha noiva en cada porto, mais non casou con ninghunha. Leva o pelo moi curto e é de pel morena e estatura corrente.» Abisinio

Hoxe

Todos neste tempo

«O presente. Flúe, mais permanese estático. Pasan os días e as semanas, pasan incluso as estasiois; endexamais os anos. Atrapados estamos nun espaso-tempo preghado sobre si mesmo. Cada episodio das nosas vidas é autoconclusivo, non ten continuidade no futuro.» Galilea

—O que? Pero como raio vai morrer alghén dunha maneira tan ridícula? —Estes quérenme tomar o pelo.

—Unha morte é unha morte. Cando é a hora dun, non lle hai que faser. —Binucho, típico del.

—Morreu, fodeu! Xoghai dun carallo dunha ves! —Níscaro, sempre tan paciente. Achega o furabolos ao ollo grolo para indicarlle a Binucho que atenda.

—Tomai e chorai. Todas nosas! —Boa xogada de Senén—. Vós como credes que habedes de morrer?

—Hai uns anos diríache que fodendo con alghunha mosiña, pero aghora xa nin se me levanta. —É triste pero certo—. Así que non me importa un carallo.

—Non perdas a esperansa, sempre te podes aforcar —suxeriu Binucho.

—Aforcar?! —preguntei con estrañeza.

—Espichas cunha erecsión que nin Cristo —aseguroume.

—Que dis, ho!? —Non lle creo nada.

—Certísimo. Hai anos non dabamos co defunto de meu tío Carelo. Dous días despois, uns veciños atopárono no riseiral. Estaba pendurado da póla dunha riseira. Cando cheghamos alí inda tiña o pirolón de punta. Non sei como aghuantou o pantalón!

—Iso non hai quen cho crea —dixo Senén.

—Que si, hostia! É máis, seghundo comentou Menandro, que xa vira uns cantos aforcados, todiños morren empalmados. Non me preghuntes por que, mais é así. Porén, a min ghustarí… —Níscaro xa non aturaba máis e interrompeu a Binucho.

—Ti, se non quers que sexa hox’ e polas miñas mans, xa te podes espelir e atender á partida dunha merda dunha ves.

—Non sexas así, ho, seghuro que ti tamén pensaches alghunha ves en como sería a túa morte —Senén, reticente a abandonar o tema.

—Dándolle polo cu ós vosos netos nesta mesma mesa cunha xoghada mestra mentres vós fasedes abono no semiterio —dixo mentres bulía a repartir as cartas para se recuperar o antes posíbel.

—Eu sempre tiven a ilusión de morrer co pai de tódolos peidos —dixo o meu compañeiro ao vermos as cartas. Binucho debe de levar unha man do demo, léselle a ledicia nos ollos.

—Cada un… —Amosei a miña faciana máis considerada.

—E díghoo en serio. Nunca vos molestou tanto un ghas que ó botalo, despois do estrondo e o cheiro a morto, sentistes un ghrande alivio; algho case místico? —Asentín—. Pois iso, pero ó infinito, é como penso eu que debe se-la quietude da morte. Un día espertas cun ghas que nin Deus, PRPTPRFFFFFF!, e literalmente na ghloria por partida dobre. Que liberasión!

—Pois xa que non dixen ren, únome. Parés’ moi liberador —dixo Binucho, tras botar o sete de copas. A este paso a Níscaro non lle van quedar pelos que arrincarse.

—A chupar sirolas! —Níscaro ponse en pé, dános as costas, encúrvase e levanta a perna dereita: bota unha sonora flatulencia e lanza as súas cartas ao ar. Sae pola porta d’O Paporroibo xurando mentres os naipes aterran no chan despois dun descenso errático.